Saltar ao contido

Suspiria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Suspiria
Ficha técnica
Título orixinalSuspiria
DirectorDario Argento
ProdutorClaudio Argento
Salvatore Argento
GuiónDario Argento
Daria Nicolodi
IntérpretesJessica Harper
Stefania Casini
Flavio Bucci
Miguel Bosé
MúsicaGoblin
Dario Argento
FotografíaLuciano Tovoli
MontaxeFranco Fraticelli
EstudioSeda Spettacoli
DistribuidoraProduzioni Atlas Consorziate (Italia)
EMI(Reino Unido)
Estrea1 de febreiro de 1977
Duración98 minutos
OrixeItalia Italia
XéneroTerror, Giallo
Filme seguinteInferno
Na rede
IMDB: tt0076786 Filmaffinity: 414789 Allocine: 12704 Rottentomatoes: m/1020662-suspiria Allmovie: am31776 TCM: 92027 Metacritic: movie/suspiria TV.com: movies/suspiria Editar o valor en Wikidata

Suspiria é un filme de terror italiano dirixido por Dario Argento que se estreou en 1977. Foi co-escrito por Dario Argento e Daria Nicolodi baseándose no ensaio Suspiria de profundis de Thomas de Quincey. É a primeira parte da triloxía de Argento coñecida como As tres nais, sendo as outras dúas Inferno (1980) e La Terza Madre (2007). A banda sonora foi composta pola banda de rock progresivo Goblin.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Suzy Bannion (Jessica Harper), estudiante de ballet estadounidense, chega á cidade de Friburgo para perfeccionar os seus estudos na prestixiosa academia Tanz. Coincidindo coa súa chegada, unha alumna recentemente expulsada, Pat Hingle (Eva Axén), é salvaxemente asasinada no apartamento dunha amiga á que recorrera na busca de axuda, fuxindo dalgún grave perigo. A inxenua Suzy, percatarase pronto do estraño comportamento do persoal da academia o que, unido ás terribles mortes que empezan a sucederse, faralle sospeitar que algo sinistro está acontecendo. Máis adiante, a súa compañeira Sara (Stefania Casini) confirmará as súas sospeitas ó confesarlle que a defunta Pat lle comentou que coñecía un escuro segredo relacionado coa academia que non chegou a revelarlle. Finalmente, Suzy descubrirá que a academia Tanz, en realidade, está dirixida por un poderoso sabbat de bruxas ó mando da perversa Helena Markos, "A Raíña Negra": máis coñecida, grazas á súa secuela, Inferno, como a "Mater Suspiriorum".

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]