Sybil Wettasinghe
Nome orixinal | (si) සිබිල් වෙත්තසිංහ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de outubro de 1927 Galle, Sri Lanka (pt) |
Morte | 1 de xullo de 2020 (92 anos) Sri Jayawardenepura General Hospital, Sri Lanka (en) |
Relixión | Budismo |
Educación | Holy Family Convent, Bambalapitiya (en) |
Actividade | |
Ocupación | ilustradora, escritora |
Período de actividade | 1944 - 2020 |
Sybil Wettasinghe (cingalés: සිබිල් වෙත්තසිංහ), nada en Ginthota o 31 de outubro de 1927 e finada en Sri Jayawardenapura-Kotte o 1 de xullo de 2020, foi unha ilustradora e escritora infantil srilankesa, considerada a decana da literatura infantil en Sri Lanka, escribiu máis de 200 libros para nenos que se traduciron a diversas linguas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A segunda de cinco irmáns, seu pai era contratista e seu avó fora escultor. Pasou os primeiros seis anos da súa infancia na vila de Ginthota, nos arredores de Galle, e realizou a educación primaria na escola busdista local. Tras mudarse a súa familia a Colombo cando tiña seis anos ingresou na escola do Convento da Sagrada Familia de Bambalapitiya[1].
En 1942 seu pai enviou algúns debuxos de Sybil para unha exposición nunha galería de arte, e alí viunos o director do Royal Primary, H. D. Sugathapala, e ofreulle ilustrar un libro de texto para primaria. Con 17 entrou no xornal Lankadeepa e en 1952 cambiou para traballar no grupo Lakehouse para se converter na ilustrador principal do xornal Janatha, e foi a primeira muller en Sri Lanka en traballar a tempo completo como xornalista. Escribiu, ademais de ilustrar, en diversas publicacións do grupo como Sunday Observer, Silumina, Daily News e Sarasaviya. En 1955 casou con Dharmapala Wettasinghe, o editor xefe de Lakehouse News; a parella tivo catro fillos e cinco netos. En 1952 mentres traballaba en Janatha realizou o seu primeiro intento de escribir ficción, foi co conto Kuda Hora na páxina infantil do xornal e que acabou desenvolvendo nun libro que se publicou en 1956 co mesmo título e foi o primeiro libro infantil que se publicou no país[2] e que se acabou por converter no máis famoso da autora, gañador do premio ao mellor libro estranxeiro en 1986 e ao libro máis popular en 1987 da Asociación de Bibliotecas do Xapón[3]. Inspirada polo seu éxito do seu primeiro libro continuou a escribir ata realizar máis de 200 libros infantís no decurso da súa vida. Por Meti Gedara Lamai gañou o premio Literario Estatal de 1992[4].
As súas obras traducíronse ao xaponés, chinés, sueco, noruegués, danés, inglés, coreano, neerlandés e támil. Ademais editou[5] o semanario infantil Bindu (1986) e en 2009 publicou a súa autobiografía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Malinda Seneviratne. "Illustrating the child in Sybil Wettasinghe". infolanka.
- ↑ Byron Preiss, Kathy Huck e Jeffrey Garrett (1996). The Best Children's Books in the World : A Treasury of Illustrated Stories. Harry N. Abrams. p. 265.
- ↑ Ajay Kamalakaran (5 de xullo de 2020). "Sri Lanka’s most famous children’s books author Sybil Wettasinghe dies at 92". Scroll.
- ↑ Charles A. Gunawardena (2005 [2003]). Encyclopedia of Sri Lanka (2ª ed.). Sterling Publishers.
- ↑ "Sybil presents ‘Kuda Hora’ in new garb". Daily FT. 9 de abril de 2016.