Papuxa real
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2021.) |
Papuxa real | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Curruca hortensis (Gmelin, 1789, Francia) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A papuxa real (Curruca hortensis, antes Sylvia hortensis) é unha pequena especie de ave do xénero Sylvia dentro da familia Sylviidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Presenta unha lonxitude de entre 14 e 16 cm, sendo por tanto unha papuxa grande, maior que a papuxa das amoras. A súa plumaxe en machos adultos é de coloración gris escura na cabeza, gris abrancazada nas partes inferiores, presentando gorxa branca. O ollo presenta un chamativo iris de cor branca. O peteiro é fusco e as patas de cor lousa. As femias e inmaturos teñen a cabeza dun ton máis pálido.
Distribución
[editar | editar a fonte]A papuxa real é unha especie circunmediterránea, ou o que é o mesmo, está moi estendida nas rexións europeas que bordean o mar Mediterráneo así como na rexión setentrional de África. Localízase na Península Ibérica e Marrocos, estendéndose a súa distribución por todo o mediterráneo até Turquía incluída, localizándose polo leste facendo límite no Cáucaso, Irán e Kazakhstán, onde tamén se atopan. Cara ao norte de Europa esténdense até os Alpes, apenas e raramente atopándose en Suíza.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Habita distintos medios pois aínda que prefire matogueiras e campos baldíos tamén vive en bosques abertos cunha vexetación de certo porte. As maiores densidades de poboación desta especie obsérvanse cara aos 700 m.
Nutrición
[editar | editar a fonte]Aliméntase principalmente de arañas, bagas, insectos e as súas larvas.
Voz
[editar | editar a fonte]Emite un agradable canto en forma gorxeo en ton alto e forte, intercalando algunhas notas estridentes e certos asubíos. A súa voz de alarma é moi similar á do resto das papuxas, emitindo un seco e brusco tec tec ou tac tac que é repetido insistentemente.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Papuxa real |