Synaptura lusitanica
Synaptura lusitanica | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868, tamén coñecida como Synaptura lusitanica lusitanica de Brito Capello, 1868, é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos.[1]
Como todos os linguados ten unha aparencia característica, asimétrica e con ambos os ollos no mesmo lado do corpo, o chamado "lado" ocular" ou "lado pigmentado" (o dereito, neste caso), mentres que o lado sen ollos é o chamado "lado cego".
Synaptura lusitanica vive nas costas do Atlántico centro-oriental, onde é obxecto de pesca comercial.
Características
[editar | editar a fonte]O corpo, como o de todos os soleidos, ten forma ovalada, de lingua (de aí os seus nomes vulgares) ou de sola de sandalia (de aí, o seu nome científico), máis alto cara a arriba, cara á cabeza, pero que se vai estreitando pouco a pouco cara ao extremo caudal.[2]
As narinas do lado cego non están expandidas e formando unha roseta, como nas especies do xénero Pegusa. A narina anterior do lado ocular presenta un tubo dirixido cara a atrás atrás, que non alcanza o bordo dianteiro do ollo inferior.[2]
As aletas dorsal e anal están unidas na súa parte posterior, por unha membrana, á aleta caudal. A aleta dorsal orixínase na cabeza, e está sustentada por de 79 a 83; a anal presenta de 57 a 67 raios, e as aletas pectorais, de 6 a 10.[2]
A liña lateral está formada por de 100 a 123 escamas porosas; a súa rama supratemporal forma unha curva suavemente arredondada.[2]
A coloración do lado pigmentado é parda agrisada, con manchas mouras, que tenden a formar unha serie lonxitudinal de manchas máis grandes ao longo da liña lateral.[2]
Pode alcanzar un tamaño de até 40 cm de lonxitude.[2][3]
Hábitat, distribución e bioloxía
[editar | editar a fonte]Synaptura lusitanica é un peixe mariño e de augas salobres, demersal, que habita en augas tropicais pouco profundas, de até os 60 m de profundidade,[2][4] nas costas do Atlántico leste, desde o sur do estreito de Xibraltar e as costas mediterráneas da Península Ibérica, até o Congo, polo sur.[2]
Encóntrase en fondos areosos e lamacentos, principalmente en augas pouco profundas.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1868 polo ictiólogo portugués Félix António de Brito Capelo.[1]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Dentro desta especie, na actualidade recoñécense as seguintes dúas subespecies:[1]
- Synaptura lusitanica lusitanica de Brito Capello, 1868
- Synaptura lusitanica nigromaculata Pellegrin, 1905
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Synaptura lusitanica de Brito Capello, 1868 no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Portuguese sole (Synaptura lusitanica) Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Marine Species (en inglés)
- ↑ Desoutter, M. (1990).
- ↑ Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Desoutter, M. (1990): "Soleidae", pp. 1037-1049, en: J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). Lisboa: JNICT; París: SEI e UNESCO. Vol. 2.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. París: Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Synaptura lusitanica na ADW.
- Synaptura lusitanica no SIIT.
- Synaptura lusitanica en Fichas de Pesca (en castelán)