Túnel de Hvalfjörður
Aparencia
Coordenadas: 64°18′35″N 21°54′14″O / 64.309722, -21.903889
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e9/Opi_Hvalfjar%C3%B0ag%C3%B6ng.jpg/250px-Opi_Hvalfjar%C3%B0ag%C3%B6ng.jpg)
Túnel de Hvalfjörður (Hvalfjarðargöng en islandés) é un túnel de estrada baixo o Hvalfjörður fiorde de Islandia. Forma parte da hringvegur. Ten 5.762 m de lonxitude e unha profundidade de 165 metros baixo o nivel do mar. Foi aberto o 11 de xullo de 1998. Acurta a distancia desde Reiquiavik ao oeste e norte de Islandia nuns 45 km. Atravesar o fiorde leva agora 7 minutos no canto dos sesenta previos á súa creación.