Túnica
Aparencia

Na Roma Antiga, a túnica[1] era unha peza de roupa propia dos dous sexos, que se levaba como roupa interior, axustada ao corpo.
A túnica cinxíase á cintura e chegaba á altura de media coxa. Os homes vestían unha camisa curta e ampla de la confeccionada con varias pezas cosidas e con mangas moi curtas. Era unha peza de uso común e a única limitación era que non se debía deixar ver asomar por baixo da toga.
- A túnica lacticlavia usábana os patricios e os senadores e tiña unha franxa ancha de púrpura que descía desde o escote para baixo. Esta orla recibía o nome de clavus.
- A túnica angusticlavia, empregada polo censo ecuestre (os cabaleiros), tiña o clavus máis estreito.
- A túnica palmata levábana os xenerais triunfadores por baixo da toga picta, era de cor púrpura e ía adornada con palmas douradas.
- A túnica dalmática era longa (por baixo dos xeonllos) e tiña mangas amplas. Foi no principio sinal de luxo mais acabou substituíndo a stola e usábana no Baixo Imperio tanto os homes como as mulleres.
- A túnica paragauda tiña mangas moi grandes.
- A túnica manicata, ou seja, con mangas longas, considerada efeminada e só se empregou no Baixo Imperio.
- As mulleres usaban túnica dobre e a exterior cubríase cunha stola.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para túnica.