T. Ryan Gregory
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1975 (49 anos) |
Educación | Universidade de Guelph (pt) Universidade McMaster (pt) |
Actividade | |
Ocupación | biólogo evolutivo |
Empregador | Universidade de Guelph (pt) |
T. Ryan Gregory, nado o 16 de maio de 1975, é un biólogo evolutivo e biólogo do xenoma canadense e profesor do Departamento de Bioloxía integrativa e da División de Diversidade Xenómica do Instituto de Biodiversidade de Ontario da Universidade de Guelph en Guelph, Ontario, Canadá.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gregory completou a súa licenciatura (B.Sc. Hons) na Universidade McMaster en Hamilton, Ontario en 1997 e o seu doutoramento (Ph.D.) en bioloxía evolutiva e zooloxía na Universidade de Guelph en 2002. Despois fixo un traballo posdoutoral no Museo Americano de Historia Natural da cidade de Nova York (2002–2003) e no Museo de Historia Natural de Londres, Inglaterra (2003–2004) antes de tornar á Universidade de Guelph como profesor.
O seus principais intereses no mundo da ciencia son a xenómica, citoxenética, bioloxía celular, morfoloxía, bioloxía do comportamento, fisioloxía, bioloxía do desenvolvemento, ecoloxía, e paleontoloxía, todos os cales están ligados polo tema unificador da evolución. As súas principais investigacións centráronse principalmente na evolución do tamaño do xenoma (o "enigma do valor C") en animais e as orixes e importancia biolóxica do "ADN lixo" (ADN non codificante). Elaborou o test da cebola como unha "comprobación da realidade para calquera que pense que atopou unha función universal do ADN lixo". Creou a Animal Genome Size Database en 2001.[2] Tamén é activo na iniciativa do código de barras do ADN iniciado polo seu anterior titor de doutoramento Paul D.N. Hebert da Universidade de Guelph, facendo especial fincapé nos parasitos, patóxenos e vectores de doenzas.
Gregory é autor de máis de 65 artigos de revistas científicas revisadas por pares cun índice h de 51 segundo Google Scholar,[3][4] e editou o libro The Evolution of the Genome en 2004. É editor xefe da revista Evolution: Education and Outreach fundada por Niles Eldredge.[5] Mantén un blog chamado Genomicron,[6] e creou a Evolver Zone,[7] un recurso on line para estudantes e educadores.
Recibiu varios premios, como o Premio Posdoutoral Howard Alper do NSERC (2003),[8] o Premio Arch da Asociación de Alumnos de McMaster (2005),[9] o Premio ao Investigador Xove da Sociedade Americana de Naturalistas (2006),[10] o Premio ao Investigador Novo Bob Boutilier da Sociedade Canadense de Zoólogos (2007),[11] o Premio ao Profesor Distinguido da Asociación de Profesores da Universidade de Guelph pola ensinanza (2008),[12] e o Premio ao Científico Xove Robert H. Haynes da Sociedade Xenética do Canadá (2010).[13]
Ademais dos seus intereses científicos e educativos, desenvolveu proxectos de BioArt usando organismos vivos. O seu sitio web Microbial Art, que exhibe traballos de diversos artistas e científicos, contén obras que foron incluídas en publicacións impresas e on line en varios países.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Faculty profile". University of Guelph. Arquivado dende o orixinal o 2019-11-03. Consultado o 2018-12-28.
- ↑ "Animal Genome Size Database". Arquivado dende o orixinal o 2012-11-09. Consultado o 2005-09-04.
- ↑ "T. Ryan Gregory". Arquivado dende o orixinal o 2023-01-23. Consultado o 2023-01-23.
- ↑ "Gregory Lab". gregorylab.org/. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ Evolution: Education and Outreach. Springer. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ "Genomicron". Arquivado dende o orixinal o 2010-07-16. Consultado o 2010-07-12.
- ↑ "Evolver Zone". Arquivado dende o orixinal o 2010-07-04. Consultado o 2010-07-12.
- ↑ "Past Winner: 2003 NSERC Howard Alper Postdoctoral Prize". NSERC. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ "The 2005 McMaster Arch Award Recipients". McMaster University. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ "U of G Biologist Wins Young Investigator Prize". University of Guelph. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ "Young Profs Recognized for Research". University of Guelph. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ "The grades are in...". University of Guelph. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2015. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ "Prof. Ryan Gregory Receives Young Scientist Award". University of Guelph. xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 5 de xuño de 2010. Consultado o 15 de xullo de 2013.
- ↑ "Microbial Art". Arquivado dende o orixinal o 2013-05-14. Consultado o 2013-08-04.