Tabula hospitalis do Courel
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/T%C3%A1bula_de_hospitalidade_-_bronce_-_O_carbedo_-_Esperante_-_O_Folgoso_do_Courel._Museo_Provincial_de_Lugo-2.jpg/220px-T%C3%A1bula_de_hospitalidade_-_bronce_-_O_carbedo_-_Esperante_-_O_Folgoso_do_Courel._Museo_Provincial_de_Lugo-2.jpg)
A Tabula Hospitalis do Courel, tamén coñecida como Táboa de Hospitalidade de Carbedo, é unha peza de bronce cun texto en latín da época da romanización de Galicia. Foi atopada no Carbedo (Folgoso do Courel), e desde novembro de 1959 consérvase no Museo de Lugo.
Características[editar | editar a fonte]
A peza consta dunha lámina de bronce rectangular de 18,5 cm x 13,7 cm, na que se inscribiu o texto, e un marco columnado de 28 x 16,5 cm, cun frontón triangular flanqueado por dous apliques de tripla voluta calada e cunha cabeza masculina en altorrelevo no centro.
O texto fala dun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os Lougeis do castellum Toletensis, comprometendo a si mesmo e á súa familia e descendentes ao establecemento de lazos de hospitalidade, solicitándolle estes protección perpetua.
Este pacto entre un particular e unha colectividade indíxena con autorización das autoridades romanas carece de carácter ou calidade de lei, mais dispón de validez xurídica pública ao ser trasladado á táboa de bronce.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na web do Museo de Lugo, escrita por Enrique Alcorta Irastorza.