Saltar ao contido

Tafea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTafea

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 19°30′S 169°30′L / -19.5, 169.5
EstadoVanuatu Editar o valor en Wikidata
CapitalIsangel Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación32.540 (2009) Editar o valor en Wikidata (19,99 hab./km²)
Lingua usadaNorth Tanna (en) Traducir
Erromanga (en) Traducir
Aneityum (en) Traducir
Lingua tanna do suroeste
Língua futuna-aniwa (pt) Traducir
Whitesands (en) Traducir
Lenakel (en) Traducir
Kwamera (en) Traducir
Ura (en) Traducir
Utaha (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.628 km² Editar o valor en Wikidata
Creación1994 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2VU-TAE Editar o valor en Wikidata

Tafea é a provincia máis meridional de Vanuatu. Inclúe as illas de Erromango, Tanna, Anatom e dúas illas máis non habitadas. Ten unha poboación de 27.530 habitantes e unha superficie de 1.628 km². A súa capital é Isangel. O nome é un acrónimo das cinco illas principais que compoñen a provincia: Tanna, Aneityum, Futuna, Erromango e Aniwa.

Illa Vila
principal
Superficie
(km²)
Poboación[1] pico altitude
(metros)
Coordenadas
Tanna Lenakel 565 28,799 Monte Tukosmera 1.084

19°29′15″S 169°19′50″L / -19.48750, -169.33056 (Tanna)

Aniwa Ikaokao 8 341 . 42

19°15′01″S 169°36′04″L / -19.25028, -169.60111 (Aniwa)

Futuna Mohoun'gha 11 535 Tatafou 666

19°31′47″S 170°13′08″L / -19.52972, -170.21889 (Futuna)

Erromango[note 1] Potnarvin 975 1.950 Monte Santop 886

18°48′50″S 169°07′22″L / -18.81389, -169.12278 (Erromango)

Anatom[note 2] Anelgauhat 162 915 Monte Inrerow Atahein 852

20°11′18″S 169°49′34″L / -20.18833, -169.82611 (Anatom)

Tafea Isangel 1.721 32.549 Monte Tukosmera 1,084

19°30′S 169°30′L / -19.500, -169.500 (Tafea)

1) Incluíndo Goat Island (a illa da cabra) (5´6 km ao nordeste, con 0´1 km² de superficie) e a illa Vete Manung (15 km ao nordeste)

2) Incluíndo a illa Inyeug (0´6 km ao suroeste, aeroporto de Anatom), pero sen as remotas Illas Matthew e Hunter, que son considerados pola xente Anatom parte da illa é da súa propiedade persoal.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A provincia ten unha poboación de 27.530 persoas e unha superficie de 1.628 km². A illa principal, aínda que segunda en superficie tras Erromango, é Tanna, cun 80 por cento da poboación da provincia, e a sede da capital da provincia Isangel, e da maior cidade Lenakel, ambas próximas entre si na costa suroeste.

As tres illas máis grandes son Melanesias, pero as dúas máis pequenas, Aniwa e Futuna, tamén coñecidas baixo o termo colectivo de Illas Erronan, son Illas polinesias periféricas. Futuna é ás veces chamada West Futuna, para distinguila da illa de Futuna de Wallis e Futuna.

A illa de Tanna ten o volcán máis accesible do mundo, o Monte Yasur, con 1.084 metros, o pico máis alto da provincia. A illa Aniwa é a única illa de coral, as outras catro son volcánicas e alcanzan alturas moi superiores a Aniwa.

Anatom é a illa máis meridional de Vanuatu (sen contar as remotas, pequenas e deshabitadas Illas Matthew e Hunter, 280 a 335 quilómetros ao sueste, que se disputan con Nova Caledonia, pero as cales son consideradas polo pobo da illa de Anatom parte da súa propiedade persoal). No sueste está o cabo Nétchan Néganneaing o punto máis meridional da terra en Vanuatu, máis ao sur que o sur do illote Inyeug. Este último, con todo, está rodeado polo Intao Reef, que estendese ata máis ao sur, aínda que mergullado, sendo o punto máis meridional de Vanuatu.

Bandeira secesionista de Tanna
Bandeira secesionista de Tafea

A diferenza das outras provincias de Vanuatu, a integridade territorial desta unidade administrativa non cambiou desde os tempos do Condominio, cando se chamaba Distrito Sur, ou Tanna como a illa principal. Unicamente a Capital moveuse de Lenakel á próxima Isangel, a menos de dous quilómetros ao sueste.

Un movemento separatista comezou na década de 1970, e a Nación de Tanna foi proclamada o 24 de marzo de 1974. Mentres que os Británicos foron máis abertos a súa independencia de Vanuatu, esta foi rexeitada polos colonos franceses e finalmente suprimida polas autoridades do Condominio Anglo-Francés o 29 de xuño de 1974.

En 1980, houbo outro intento de secesión, declarando a Nación Tafea o 1 de xaneiro de 1980, o seu nome vén das iniciais das cinco illas que ían formar parte da nación (Tanna, Aniwa, Futuna, Erromango e Aneityum). As forzas británicas interviñeron o 26 de maio de 1980 permitindo que as illas convertéranse en parte da nova nación independente de Vanuatu o 30 de xullo de 1980.

  1. incluíndo Vete Manung (Île de la Chèvre, illa da Cabra) (5,6 km ao nordés, 0,12 km² de superficie) e a illa Vete Manung (15 km ao nordés)
  2. incluíndo a illa Inyeug (0,6 km ao suroeste, aeroporto de Anatom), pero sen as remotas illas Matthew e Hunter, que son consideradas pola xente da illa Anatom parte da súa propiedade persoal.
Referencias

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]