Tahurwailis
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XV a. C. |
Morte | século XV a. C. |
Relixión | Relixión hitita |
Tahurwailis foi un rei hitita que sucedeu a Alluwamnas, probabelmente tras asasinalo. O seu reinado forma parte do chamado Reino Medio Hitita ou período escuro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No Rescrito de Telibinus, aparece un Tahurwailis que asasinou a Tittis, fillo do rei hitita Ammunas para axudar a Huzziyas I a facerse co trono á morte de Ammunas; posteriormente, cando Huzziyas perdeu o trono a mans de Telibinus, este Tahurwailis tivo que se exiliar. Algúns historiadores identifican ao Tahurwailis colaborador de Huzziyas co rei que asasinou a Alluwamnas, aínda que ata agora non se atopou proba algunha.
Tahurwailis renovou o tratado de Alianza con Kizzuwatna que asinou Telibinus, no único acto coñecido do seu reinado. Foi sucedido, en circunstancias non aclaradas, por Hantilis II, a quen algúns historiadores consideran fillo de Alluwamnas
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Alluwamnas |
Tahurwailis (?-?)
|
Precede a: Hantilis II |