Tandaia
Aparencia
Tandaia | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 2014 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.tandaia.com/ | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tandaia é unha editorial galega en lingua castelá, pioneira na realización de sondaxes de mercado previos á publicación dos seus títulos mediante campañas de preventa.[1] Foi fundada en 2014 polo escritor, dramaturgo e guionista coruñés Borja F. Caamaño. Con sede na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, comercializa os seus títulos en España e América Latina. Cada ano outorga o Premio de Novela Tandaia e o Premio de Novela Juvenil CEPA.