Tapada Nacional de Mafra
Tipo | parque patrimonio cultural | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Real Edificio de Mafra Tapada de Mafra | |||
Localización | ||||
División administrativa | Mafra, Portugal | |||
| ||||
A Tapada Nacional de Mafra é unha área verde que se atopa na freguesía Sobral da Abelheira, en Mafra, Portugal, creada durante o reinado de rei Xoán V. É tamén umha Zona de Caza Nacional. Integra o sitio "Real Edificio de Mafra - Palacio, basílica, convento, xardín do Cerco e Tapada" do Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende 2019.[1]
Abranguendo máis de 8 quilómetros cadrados, o parque conta con diferentes especies de cervos, xabarís, raposos, aves rapaces e moitas outras que conviven nun hábitat natural rico e diversificado. Era o lugar favorito da monarquía portuguesa para a caza e outras actividades de lecer, e ao adquirir unha connotación nobre isto contribuíu moito á súa conservación e continuidade.
O seu patrimonio natural garante que sexa un lugar excelente para programas divertidos de concienciación e educación ambiental. A Tapada tamén está aberta para realizar actividades de sendeirismo, bicicleta de montaña, equitación, tiro con arco e tiro con ballesta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO World Heritage. UNESCO World Heritage Centre, ed. "UNESCO World Heritage Centre - nominations to be examined at the 43rd session of the World Heritage Committee (2019)" (en inglés). Consultado o 2019-07-07.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tapada Nacional de Mafra |
A Galipedia ten un portal sobre: Portugal |