Tartrazina
Tartrazina | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 1934-21-0 |
PubChem | 6321403 |
ChemSpider | 10606981 |
UNII | I753WB2F1M |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C16H9N4Na3O9S2 |
Masa molar | 534,36 g mol−1 |
Perigosidade | |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A tartrazina é un colorante sintético empregado como aditivo alimentario.
Características
[editar | editar a fonte]Ten unha cor entre amarela e laranxa brillante. Extraese do petróleo. Con frecuencia emprégase mesturado con outros aditivos como o E110 ou o E133 para producir cor verde. O seu consumo frecuente considérase pouco recomendable para o ser humano.
Usos
[editar | editar a fonte]Emprégase na elaboración industrial de produtos a base de peixe, mariscos, bebidas gasosas, batidos, conservas vexetais, patacas fritidas, petiscos, fariñas, sobremesas, cereais, lambonadas. flans, salsas e mostazas[1].
Efectos secundarios
[editar | editar a fonte]O consumo excesivo de tartrazina esta asociado a casos de hiperactividade en nenos. En doses elevadas é un liberador de histamina, e pode agravar os síntomas da asma e producir eccema, urticaria e insomnio. Pode provocar intolerancia en persoas alérxicas o ácido salicílico. Esta prohibido o seu uso en varios estados membros da Unión Europea.
Outras denominacións
[editar | editar a fonte]Coñécese tamén polo código E102.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Descrición na web www.aditivos-alimentarios.com (en castelán).