Saltar ao contido

Tarxeta de rede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tarxeta de Interface de Rede (NIC)

Unha Tarxeta de rede ou NIC (Network Interface Card) é un dispositivo electrónico que permite a un ordenador ou impresora acceder a unha rede e compartir recursos entre dous ou máis equipos (discos duros, cdrom etc). Hai diversos tipos de adaptadores en función do tipo de instalación de cables ou arquitectura que se utilice na rede (coaxial fino, coaxial groso etc.), pero, actualmente o máis común é do tipo Ethernet utilizando unha interface ou conector RJ45.

Características

[editar | editar a fonte]

As tarxetas de rede Ethernet poden variar en función da velocidade de transmisión, normalmente 10 Mbps ou 10/100 Mbps. Actualmente están comezando a se utilizar as de 1000 Mbps. Outro tipo de adaptador moi estendido até hai pouco era o que usaba conector BNC.

Cada tarxeta de rede ten un número identificativo único de 48 bits, en hexadecimal chamado MAC (non confundir con Apple Macintosh). Estas direccións hardware únicas son administradas polo Institute of Electronic and Electrical Engineers (IEEE). Os tres primeiros octetos do número MAC identifican provedores específicos e son designados pola IEEE.

Tamén se denomina NIC a un só chip da tarxeta de rede, este chip encargase de servir como interface de Ethernet entre o medio físico (por exemplo un cabo coaxial) e o equipo (por exemplo un PC).

É un chip usado en computadoras ou periféricos tales como as tarxetas de rede, impresoras de rede ou sistemas para conectar dous ou máis dispositivos entre si a través dalgún medio, xa sexa conexión sen fíos (por ondas electromagnéticas), cable UTP, cable coaxial, fibra óptica etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]