Tati Moyano
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 ![]() O Porriño, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Empregador | Televisión de Galicia Televisión Española ![]() |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Beatriz Moyano de Beça, coñecida como Tati Moyano, nada no Porriño en 1977, é unha xornalista galega.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Xornalismo pola Universidade Europea de Madrid e posgraduouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela.[1]
Nun inicio traballou nos informativos da TVG copresentando programas e conexións en directo, logo como guionista na CTV e redactora en Mediapro para TVE e de novo en 2003 para a TVG.[1]
Na TVG levou o Telexornal noite, Galicia noticias serán, A revista, Programas especiais e, en distintas temporadas, o Telexornal serán.[1] En 2020 o seu traballo na TVG é de redactora de informativos.[1]