Saltar ao contido

Tatiana Faia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTatiana Faia
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Portugal Editar o valor en Wikidata
EducaciónFaculdade de Letras da Universidade de Lisboa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua e literatura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, investigadora Editar o valor en Wikidata

Tatiana Faia, nada en Portugal o 30 de xuño de 1986, é unha escritora e poeta portuguesa que recibiu en 2019 o Premio PEN de Literatura na categoría de Poesía.

En 2022 participou en Rosalía en camiño. Diálogos literarios multilingües celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Facultade de Artes da Universidade de Lisboa onde se licenciou en Estudos Clásicos.[2] En 2015 doutorouse en literatura grega antiga coa tese Back across the barrier of the teeth, studies on homeric characters: the Iliad, onde se centra nos personaxes da Ilíada de Homero.[3][4] Ensinou Literatura Lusófona na Universidade de Cambridge e colaborou co proxecto Central Poetry de CLEPUL (Centro de Literaturas e Culturas Lusófonas e Europeas).[2][5]

Con José Pedro Moreira e André Simões editou a revista Ítaca: Cadernos de Ideias, Textos & Imagens (2009-2011). Tamén é editora, con José Pedro Moreira, Paulo Rodrigues Ferreira e Victor Gonçalves da Enfermaria 6.[6] Ten publicado en A Sul de Nenhum Norte, Ítaca, Caderno: Enfermaria 6, Modo de Usar & Co., Colóquio/Letras e Relâmpago.[7]

Traduciu para o portugués a Homero e Anne Carson.[1]

En 2022 vivía e traballaba en Oxford.

  • Lugano (2011). Editora Artefacto. ISBN 978-989-8417-09-1.
  • São Luís dos Portugueses em chamas e outros textos (2016). Editora Enfermaria 6. ISBN 978-989-691-474-5.
  • Back across the barrier of the teeth, studies on homeric characters: the Iliad (2016). Tese doutoramento
  • Um Quarto em Atenas (2018). Editado por Tinta da China. ISBN 978-989-671-416-1 .
  • Leopardo e Abstracção, (2020). Editora Fresca.[8]
  • São Luís dos Portugueses em Chamas e outros textos (2016). Lisboa: Enfermaria 6. 122 páxs. ISBN 978-989-691-474-5.

Premios e Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • 2019: Premio PEN de Literatura na categoría de Poesía por Um Quarto Em Atenas.[9][10]
  • 2022: O Concello de Lisboa convidou a 48 autores a escribir unha frase alusiva á liberdade, Tatiana Faia foi unha delas. A continuación pintáronse as 48 frases no chan da cidade no marco das conmemoracións do 48 aniversario do 25 de abril.[11][12]
  1. 1,0 1,1 "Rosalía en Camiño 2022". Fundación Rosalía de Castro. Consultado o 2022-07-03. 
  2. 2,0 2,1 "Tatiana Faia (F518-28F9-4D70) CIÊNCIAVITAE". www.cienciavitae.pt. Consultado o 2022-07-03. 
  3. CHAPMAN, GEORGE; Homer; HADFIELD, ANDREW (2017). RHODES, NEIL, ed. George Chapman: Homer's Iliad 20. Modern Humanities Research Association. ISBN 978-1-78188-118-7. doi:10.2307/j.ctt1vjqnfp.5. 
  4. "Biblioteca Nacional de Portugal". catalogo.bnportugal.gov.pt. Consultado o 2022-07-03. 
  5. "Tatiana Faia". www.clepul.eu. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2021. Consultado o 2022-07-03. 
  6. "Tatiana Faia Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2022-07-03. 
  7. Enfermaria 6. "Tatiana Faia, São Luís dos Portugueses em Chamas e outros textos". Enfermaria 6 (en portugués). Consultado o 2022-07-03. 
  8. Faia, 1986-, Tatiana (2020). Leopardo e abstracção (en portugués). Fresca. 
  9. Portugal, Rádio e Televisão de. "Atribuídos os prémios de literatura PEN para poesia, ensaio e narrativa". Atribuídos os prémios de literatura PEN para poesia, ensaio e narrativa (en portugués). Consultado o 2022-07-03. 
  10. português, Author : pen clube. "Cerimónia de Entrega dos Prémios PEN 2019 – PEN Clube Português" (en portugués). Consultado o 2022-07-03. [Ligazón morta]
  11. "Cultura na Rua - 48". Cultura na Rua (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2022. Consultado o 2022-07-03. 
  12. Begonha, Ana Bacelar. "Lisboa vai celebrar Abril com um programa que quer fazer da paz “palavra de ordem”". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2022-07-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]