Taz-Mania (videoxogo)
Taz-Mania | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Recreational Brainware (MD) NuFX (GG) Technical Wave (MS) Visual Concepts (SNES) David A. Palmer Productions (GB) |
Distribuidora(s) | Sega (MD, GG, MS) Sunsoft (SNES, GB) THQ (GB) |
Lanzamento | Mega Drive AN: xullo de 1992 EU: xullo de 1992 XP: decembro de 1992 Master System EU: febreiro de 1992 Game Gear AN: outubro de 1992 EU: decembro de 1992 Super Nintendo AN: maio de 1993 EU: 1993 Game Boy AN: setembro de 1994 (Taz-Mania), xaneiro de 1997 (Taz-Mania 2) EU: 1993 (Taz-Mania 2), 1994 (Taz-Mania) |
Xénero | Acción, Aventura |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | Mega Drive, Master System, Game Gear, Game Boy, SNES |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Taz Mania é o nome de varios videoxogos baseados na serie de debuxos animados Taz-Mania. Trátase dun videoxogo de plataformas/aventuras de desprazamento lateral en 2D, desenvolvido por Recreational Brainware e publicado por Sega para Mega Drive, en xullo de 1992. NuFX tamén realizou a versión para Game Gear e Technical Wave para Master System. Outros xogos diferentes de Taz-Mania foron publicados por Sunsoft e lanzados en SNES (1993), así como se fixeron dous xogos en Game Boy (1993, 1994).
O xogo
[editar | editar a fonte]O xogador controla a Taz na procura dun ovo xigante. Taz é capaz de saltar, xirar nun tornado e comer varios obxectos. A habibilidade de xirar nun tornado permite a Taz derrotar a maioría dos inimigos, ademais de gañar distancia de salto extra, derrubar elementos e superar certos obstáculos sen sufrir danos. Taz ten a capacidade de comer a maioría dos elementos do nivel, como alimentos para recuperar a saúde, vidas extra e "continúas". Comer uns chiles permítelle a Taz exhalar lume para derrotar inimigos máis fortes, mentres que comer unha estrela outórgalle unha invencibilidade temporal. Outros elementos, como bombas, pódense lanzar aos inimigos, pero danarán a Taz se os come.