Saltar ao contido

Teófilo González Calatrava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeófilo González Calatrava

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1897 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 1980 Editar o valor en Wikidata (82/83 anos)
Villar del Pedroso, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor , funcionario , xornalista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1292449

Teófilo González Calatrava, coñecido tamén como Teófilo G. Calatrava ou Teófilo Calatrava, nado en Madrid o 5 de marzo de 1897[1] e finado en Villar del Pedroso (Cáceres) a finais de marzo de 1980, foi un mestre, xornalista, escritor e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou maxisterio na Escola Normal de Toledo, aprobando a reválida elemental en 1913.[2] Foi presidente da Sección de propaganda do Ateneo Escolar de Toledo,[3] e en 1914 obtivo o título de mestre superior.[4] Foi xefe da estación de Miño ata 1925.[5] Mestre do Pósito de Miño dende 1925,[6] pasou en 1927 á escola de Rioxoán (Valonga, Pol) para volver en 1929 ao Pósito de Miño.[7] Pronunciou varias conferencias sobre os pósitos. Foi nomeado inspector dos pósitos marítimos do Instituto Social da Mariña en 1931.[8] Foi candidato independente nas eleccións a Cortes de 1931 pola provincia da Coruña,[9] pero non foi elixido. Foi un dos impulsores do Partido Republicano Radical en Miño. En xullo de 1934 foi nomeado inspector central do Instituto Social da Mariña,[10] e en agosto dese ano mestre da Escola de Orientación Marítima de Xixón,[11] aínda que o seu nomeamento foi anulado por estar sometido a expediente administrativo.[12] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, como funcionario do Ministerio de Traballo, foi nomeado xefe de Información e Publicacións do Instituto Social da Mariña. Formou parte da Asociación de Ganaderos de La Coruña. Instalado en Madrid, foi vicepresidente de Anaquiños da Terra e presidente da Comisión Pro Teatro Gallego.

Foi autor de varios libros, dirixiu a revista Hacer, órgano de reforma e programa dos pósitos,[13] e colaborou asiduamente na prensa, principalmente en El Ideal Gallego, pero tamén en El Eco Toledano, El Magisterio Español, El Noroeste, España Marítima y Pesquera, La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, La Noche, El Correo Gallego e ABC, onde dirixíu a sección "Páginas del mar".

Finou en Villar del Pedroso (Cáceres) a finais de marzo de 1980.[14]

  • Patria y juventud, 1930.[15]
  • Ante las Cortes Constituyentes, 1931.
  • La evolución de España, 1931.
  • Habla el mar, 1948.
  • Lucha en paz, 1960.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Miño con Rosalía Fernández Pardo, e foi pai de Benito e Teófilo Calatrava Fernández.

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 82. 
  2. La Bandera Profesional, 1-7-1913, p. 2.
  3. Patria Chica, 23-1-1914, p. 10.
  4. La Bandera Profesional, 1-7-1914, p. 5.
  5. El Ideal Gallego, 15-1-1925, p. 3.
  6. El Ideal Gallego, 3-1-1925, p. 3.
  7. El Ideal Gallego, 8-2-1929, p. 2.
  8. La Voz de la Verdad, 7-4-1931, p. 5.
  9. El Ideal Gallego, 27-6-1931, p. 1.
  10. El Ideal Gallego, 25-7-1934, p, 4.
  11. El Noticiero Gallego, 4-8-1934, p. 3.
  12. Gaceta de Madrid, 2-10-1934, p. 53.
  13. El Pueblo Gallego. 8-8-1933, p. 8.
  14. Hoja Oficial del Lunes, 31-3-1980, p. 4.
  15. El Compostelano, 15-11-1930, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]