Teatro Coliseo Noela
Aparencia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
Teatro Coliseo Noela | |
---|---|
Cidade | Noia |
País | España |
Coordenadas | 42°46′58″N 8°53′14″O / 42.782783163431, -8.887182687606 |
Inauguración | 1921 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Teatro Coliseo Noela é un teatro noiés inaugurado en 1921 no que se realizan representacións teatrais, concertos, cinema, congresos, e danza.
Historia
[editar | editar a fonte]Sito na vila coruñesa de Noia e con capacidade para 342 persoas, o Teatro Coliseo Noela construíuse a iniciativa de 3 particulares e inaugurouse o 24 de abril de 1921.
Até o ano 1966 o edificio destinarase a zarzuelas, concertos, teatro e conferencias. Ese ano o edificio alúgase e durante vinte anos servirá como cine até o seu peche en 1986.
Despois, a través de xestións feitas polo Concello, conseguiuse financiamento para a compra do edificio e restaurouse seguindo un proxecto do arquitecto Juan Roade Rodríguez. Tras a rehabilitación, o edificio abriu as súas portas de novo o 23 de xullo de 1999.