Saltar ao contido

Teatro romano de Cartaxena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Teatro romano de Cartaxena
Teatro romano de Cartaxena
CidadeCartaxena
PaísEspaña
Na rede
BNE: XX168727
editar datos en Wikidata ]

O teatro romano de Cartaxena é un teatro de época romana, construído entre os anos 5 e 1 a. C. na cidade de Cartago Nova, actual Cartaxena.

Tiña capacidade para uns 7.000 espectadores, e estivo en uso ata o século III, a partir do cal se superpuxeron varias edificacións. En 1988 foi descuberto polo arqueólogo da Universidade de Murcia Sebastián Ramallo Asensio e as escavacións dirixidas por el lograron preparar o teatro para poder ser visitado no marco do Museo do Teatro Romano. O 21 de xaneiro de 1999 foi declarado Ben de Interese Cultural na categoría de monumento.