Teleférico de Fuente Dé
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/Telef%C3%A9rico_de_Fuente_D%C3%A9.jpg/220px-Telef%C3%A9rico_de_Fuente_D%C3%A9.jpg)
O teleférico de Fuente Dé é un teleférico situado en Camaleño, na comarca de Liébana (Cantabria, España). Une a localidade de Fuente Dé e o miradoiro de El Cable, salvando un desnivel de 750 metros.
Historia
[editar | editar a fonte]A idea da súa construción xurdiu de José Antonio Odriozola (expresidente da Unión Europea de Montañismo), oriúndo da comarca de Liébana. Foi deseñado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos José Calavera Ruiz e o arquitecto Ángel Hernández Morales, comezándose a construír o 20 de novembro de 1962 e sendo aberto ao público o 21 de agosto de 1966.
Características
[editar | editar a fonte]O teleférico salva un desnivel de 750 metros. A estación base atópase a 1.090 metros de altitude e a base superior a 1.850 m. A capacidade das cabinas é de 20 prazas. Alcanza en 3 minutos e 40 segundos a cota de 1.847 metros, o que permite un rápido acceso ao macizo central dos Picos de Europa. O teleférico está composto dun tramo, con dúas seccións independentes, cun transportador en cada unha delas, de funcionamento independente e con regulación de velocidade. O cable ten unha lonxitude de 1.640 metros e as cabinas desprázanse a 10 metros por segundo.