Telefunken
Telefunken | |
---|---|
Fundación | 1903 |
Industria | Electrónica |
Na rede | |
http://www.telefunken.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Telefunken foi unha compañía alemá dedicada á fabricación de compoñentes e aparellos de radio e televisión.
Historia
[editar | editar a fonte]Gesellschaft für drahtlose Telegraphie m.b.H., System Telefunken formouse o 27 de maio de 1903 como un proxecto conxunto entre Siemens & Halske e AEG con sede en Berlín, utilizando Telefunken como o seu enderezo telegráfico, popularizándose así o nome que en 1923 cambiou oficialmente a Telefunken Gesellschaft für drahtlose Telegraphie m.b.H, e a partir dese ano comeza a fabricar aparellos e compoñentes de radio. En 1941 Siemens abandona a súa participación na empresa quedando como filial da AEG. Na década de 1960 Telefunken traballou no desenvolvemento do sistema de cor PAL que a partir de 1967 se converteu no estándar da televisión en cor de moitos países, nese ano Telefunken e AEG formando AEG Telefunken. En 1985 Daimler-Benz fíxose co control da compañía e acabou disolvéndoa legalmente un ano despois, rematando a historia da compañía[1], porén a licenza da marca Telefunken adminístraa Telefunken Holding AG, e así diversas empresas sen relación coa empresa orixinal venden legalmemte os seus produtos baixo a marca Telefunken e en 2009 diversas compañías formaron unha alianza conxunta baixo esa marca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "telefunken.com". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2010.