Telemiño
Telemiño | |
---|---|
Tipo | televisión local |
Data de fundación | 31 de maio de 1999 |
Sede | Ourense |
País | Galicia |
Na rede | |
https://www.teleminho.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Telemiño é unha cadea de televisión local de Ourense que conta con licenzas de TDT nas demarcacións de Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín e Monforte de Lemos.
Historia
[editar | editar a fonte]Pertence ó grupo La Región, propietario dos xornais Atlántico Diario (Vigo) e La Región (Ourense), así como do diario dixital La Región Internacional e a súa correspondente edición quincenal en papel.
Telemiño empezou a emitir o 31 de maio de 1999 con só dous programas en emisión: un informativo de dez minutos e un parladoiro chamado Largar y Largar.
Antes da primeira emisión regular Telemiño realizou 3 retransmisións en directo: a primeira dende o Teatro Principal de Ourense con motivo da inauguración da tempada do Foro La Región, a segunda dende a Aula de Cultura de Caixanova, e a terceira dende o Parque Tecnolóxico de Galicia, con motivo da inauguración da sede da empresa de telecomunicacións Egatel.
Evolución
[editar | editar a fonte]A partir de outubro de 1999 amplíase a produción propia coa aparición de novos programas, como:
- La Prórroga, presentado por Javier Torres e, posteriormente, por Ricardo Seguín.
- Entrevistas con Ourense, presentado por Ramón Conde Corbal.
- Vidas paralelas, presentado por Montse Estévez.
- La Entrevista de hoy, presentado por Laura Vázquez e, posteriormente, por Quique Rodríguez.
- La Tertulia
- Ágora Ourense, presentado por Fina Calleja e, posteriormente, xa baixo o nome de Ourense Actual, por Beatriz Anguiano e por Soledad Parral.
- Motor Naranja, con Antonio Sabas.
- Ademais, o informativo Noticias Ourense, presentado e dirixido por Soledad Parral, ampliou a súa duración a 20 minutos.
Noticias Ourense
[editar | editar a fonte]Os presentadores de Noticias Ourense, durante estes anos, teñen sido, Fina Calleja, Raquel Pérez, Javier de Francisco, Soledad Parral, Aida Otero, Jacobo Cabo, María Álvarez, Laura Nóvoa, Neli Otero, Quique Rodríguez e Laura Vázquez.
Outros programas
[editar | editar a fonte]Outros programas de produción propia de Telemiño foron:
- Punto Crítico, presentado por Santiago Rodríguez
- Boca a Boca, presentado por Paco Gallego. Unha das colaboradoras do programa foi Paula Pérez, concursante da edición española de Gran hermano de 2007.
- Sin cita previa
- Diálogos entre dos
- Las Cuentas Claras, presentado por Beatriz Tejada
- Xente Nova
- Xente Maior
- Sen Barreiras
- El rompecabezas, presentado por Sonia Torre
- Código 168, presentado por Soledad Parral
- Con el sexo, no te cortes, presentado por María Lameiras
- Dos de cine, presentado por Eduardo Cadavid
- Más Entrevistas, presentado por Moncho Conde Corbal (segunda parte de "Entrevistas con Ourense")
- Nova Ourense
- Cousas de comer
- Vamos como motos