Television Sydney
Television Sydney | |
---|---|
Inicio das emisións | 20 de febreiro de 2006 |
Formato da imaxe | 576i 16:9 Digital (PAL) |
Slogan | A Different View |
País | Australia |
Área de emisión | Sidney, Southern Highlands, Blue Mountains e Central Coast |
Dispoñibilidade | |
Terrestre | |
DVB-T | 32 |
Freeview C31 | 44 |
Na rede
| |
www.tvs.tv |
Television Sydney (TVS) é unha televisión local comunitaria de Sidney. Membro da Australian Community Television Alliance.
Historia
[editar | editar a fonte]A TVS comezou a emitir en febreiro de 2006 pola canle 31 da UHF, desde o 1 de marzo de 2010 transmite tamén na canle 44 da TDT, alén diso emite vía Internet. A programación céntrase en asuntos locais, con algúns programas doutras canles locais de Nova Gales do Sur e outros producidos pola Universidade de Nova Gales do Sur, completa a súa programación coa venda de espazos televisivos, a emisión de informativos de canles internacionais, como os de Al Jazeera English ou da Deutsche Welle TV, de programas para minorías étnicas, como Chandana TV para a minoría india, Beedesh Bangla para os orixinarios de Bangladesh, Henan TV para a chinesa, e mais tamén emite filmes antigos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |