Templo de Apolo Patroos
Templo de Apolo Patroos | |
---|---|
Coordenadas | 37°58′32″N 23°43′20″L / 37.975556, 23.722222 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Templo de Apolo Patroos é un pequeno templo xónico en ruínas, construído entre os anos -340 e -320. Ten 16,5 m de longo e 10 m de ancho e érguese ao noroeste da ágora de Atenas, preto da stoá de Zeus[1][2][3]. É considerado o fundador da raza xónica e protector das familias, o interior do templo tiña unha estatua para o culto dedicada ao deus, e esculpida polo escultor grego Eufranor [4].
O deus puido ser chamado Patroos polos atenienses despois da chegada de Ión, cando se instalou en Atenas porque os seus reis eran uns ineptos para a guerra[5].
Un monumental torso de mármore vestido cun longo quitón, atopado preto do templo e exposto no museo da ágora, foi recoñecido como a estatua de Apolo Patroos. O sekos do templo comunicaba polo norte cunha pequena sala, quizais o áditon ou un santuario interior.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://plato-dialogues.org/tools/agora.htm plato-dialogues.org/tools/agora Map of the Agora of Athens in Socrates and Plato's time de Bernard Suzanne
- ↑ Structurae de Nicholas Janberg
- ↑ John McK. Camp, Craig A. Mauzy: The Athenian Agora: A Short Guide to the Excavations. American School of Classical Studies at Athens. 2003. 9780876616437 aquí
- ↑ http://www.greece-athens.com/page.php?page_id=255 www.greece-athens.com Templo de Apolo Patroos
- ↑ Aristóteles, Constitución de Atenas 55.3.