Tempo do Soño
Aparencia
O Tempo do Soño (Tjukurpa en lingua anangu), tamén coñecido como «O Soño », é o eixo central da cultura e sistema de crenzas dos aborixes australianos. O «Tempo do Soño» explica as orixes do seu mundo, de Australia e dos seus habitantes.
Tjukurpa
[editar | editar a fonte]O Soño refírese á era antes da creación da Terra, un período no que todo era espiritual e intanxíbel. Segundo afirman os aborixes australianos, o Tempo do Soño aínda existe e se pode acadar para as necesidades espirituais. A través del, sería posíbel comunicarse cos espíritos e descifrar o significado dos malos presaxios, enfermidades e outros infortunios.
Baiame, o Primeiro Ser, dá forma ó mundo dos soños.