Saltar ao contido

Tenerife CB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tenerife Club de Baloncesto»)
Tenerife Baloncesto
Información xeral
Fundación 19 de xuño de 1996
Desaparición 2013
Cores                Azul, laranxa, branco
Presidente José Miguel Martín (último)
Localización
Cidade España La Laguna, España
Pavillón Santiago Martín
Capacidade 5 100
Inauguración 1999
Campionatos
Copa Príncipe 1 (2003)
Para o actual equipo da Liga ACB, véxase CB Canarias.

O Tenerife Club de Baloncesto foi un equipo de baloncesto das cidades de Santa Cruz de Tenerife e San Cristóbal de La Laguna, nas Illas Canarias (España). Xogaba os seus partidos como local no Pabellón Santiago Martín, recinto con capacidade para 5 100 espectadores. O club desapareceu no ano 2013.

O Tenerife Baloncesto fundouse en 1996 pola fusión de varios equipos de Tenerife. Na temporada 1996−97 foi un dos equipo fundadores da Liga LEB, unha nova categoría creada como segunda divisón do baloncesto español. Nesta primeira temporada disputou os seus partidos como local no pavillón Rios Tejera da cidade de San Cristóbal de la Laguna. Na súa segunda tempada o club mudouse ao Pavillón Municipal da capital tinerfeña. Nesta temporada disputou o play-off de ascenso contra, xogando as semifinais ante o Murcia Airtel. Con todo, o equipo tinerfeño perde por 3 xogos a 0. En 1999 o equipo volveu disputar un play-off de ascenso, caendo nesta ocasión fronte ao Gijón Baloncesto. Esta temporada tamén coincidiu co traslado do equipo ao Pabellón Insular Santiago Martín. Na temporada 2002−03 proclamouse campión da Copa do Príncipe, e ao final desa mesma tempada ascendeu á Liga ACB.

Na súa primeira temporada na máxima categoría, o club conseguiu acabar en décimo lugar, con dezaseis vitorias, as mesmas que conseguiu o oitavo clasificado que disputou os play-off. Porén, na seguinte temporada o equipo descende á Liga LEB após ocupar o último lugar con tan só oito vitorias. Nas seguintes cinco temporadas o club xoga na Liga LEB. Nos dous primeiros anos o club ocupa postos baixos na táboa clasficatoria, mais na na temporada 2007−08 quedou a un partido de volver á ACB despois de perder o último partido da final a 4 disputada en Cáceres contra o Bruesa GBC. Na seguinte tempada tamén loitou polo ascenso, caendo en semifinais contra o Melilla Baloncesto. Na tempada 2009-10 o equipo finalizou a liga na metade da táboa. En xuño de 2010 o club renuncia a súa praza na Liga LEB para unificarse co Club Cantera Base 1939 Canarias, acordando que fose este o que ocupase a peaza na LEB Ouro e que o Tenerife servise como equipo filial e de canteira. A tempada 2012−13 foi a derradeira na historia do club por mor de problemas económicos.

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Alén de Tenerife Baloncesto, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio:

  • Tenerife Canarias (1996–1999)
  • Tenerife Atún (1999–2000)
  • Unelco Tenerife (2002–2005)
  • Tenerife Rural (2005–2010)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Destacados

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Os seguintes son os adestradores do Tenerife desde a temporada 2000−01.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Copa Príncipe

  • Campión (1): 2003
  • Subcampión (2): 2000, 2002

Historial

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1996–97 2 LEB 13º 10–20
1997–98 2 LEB 15–19
1998–99 2 LEB 18–12 Copa Príncipe SF
1999–00 2 LEB 24–16 Copa Príncipe
2000–01 2 LEB 11º 12–18
2001–02 2 LEB 25–15 Copa Príncipe
2002–03 2 LEB 30–9 Copa Príncipe 4 FIBA Champions' Cup FG 12–4
2003–04 1 ACB 10º 16–18
2004–05 1 ACB 17º 8–26
2005–06 2 LEB 13º 15–19
2006–07 2 LEB 14º 14–20
2007–08 2 LEB Ouro 22–17
2008–09 2 LEB Ouro 23–14
2009–10 2 LEB Ouro 11º 16–18
2010–11 4 EBA 23–9
2011–12 3 LEB Prata 12º 7–17
2012–13 5 1ª División 14–2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]