Cáceres
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Epónimo | Castra Caecilia (en) ![]() ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Cáceres ![]() | |||
Capital de | ||||
Capital | cidade de Cáceres ![]() | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 96.441 (2024) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 1.750.330.000 m² ![]() | |||
Altitude | 459 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | Alcuéscar Sierra de Fuentes Torremocha Santiago del Campo (pt) ![]() Puebla de Obando (pt) ![]() Plasenzuela (pt) ![]() Torreorgaz (pt) ![]() Arroyo de la Luz (pt) ![]() Santa Marta de Magasca (pt) ![]() Torrequemada (pt) ![]() Trujillo Talaván (pt) ![]() Badaxoz Montánchez (pt) ![]() Malpartida de Cáceres (pt) ![]() Botija Brozas (pt) ![]() Aliseda (pt) ![]() Aldea del Cano (pt) ![]() Mérida Carmonita (pt) ![]() Casas de Don Antonio (pt) ![]() Herreruela (pt) ![]() Casar de Cáceres (pt) ![]() Garrovillas de Alconétar (pt) ![]() Cordobilla de Lácara (pt) ![]() Alburquerque ![]() | |||
Santo padrón | Xurxo de Capadocia ![]() | |||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | Luis Salaya (en) ![]() ![]() | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 10001–10005, 10195 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 10037 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | ayto-caceres.es ![]() | |||
![]() ![]() |
Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha cidade estremeña, capital da provincia homónima, de 95.418 habitantes (2021). Cunha superficie de 1.768 km², é o concello máis extenso de España.
A cidade vella de Cáceres foi declarada Terceiro Conxunto Monumental de Europa en 1968 e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986.
Xeografía
[editar | editar a fonte]![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Poboación
[editar | editar a fonte]- Evolución da poboación de Cáceres entre 1842 e 2015

Historia
[editar | editar a fonte]A máis remota presenza humana no territorio do que hoxe é Càceres remóntase á Prehistoria. Na área de El Calerizo existen diversas covas (Maltravieso, El Conejar), nas que se atoparon vestixios pictóricos de mans humanas.
No século I a.C. os romanos asentaron aquí o campamento de Castra Cecilia de maneira permanente, no contorno do outeiro en que se situaría a colonia Norba Caesarina, moi próxima á importante vía de comunicacións que, máis tarde, sería coñecida como a Vía da Prata. Cara ao século V d.C., os visigodos arrasan o asentamento, de xeito que ata o século VIII-IX non se sabe nada da cidade.
Serán musulmáns, procedentes do Norte de África, os que aproveitarán o lugar estratéxico sobre o que se asentara a primitiva colonia romana, para utilizala como base militar para loitar contra os reinos cristiáns do Norte, durante os primeiros séculos da conquista cristiá. O nome árabe da cidade é aínda incerto, manexándose varias posibilidades, entre elas as de Hizn Qazrix ou Al Qazrix, das que probabelmente provén a denominación actual da cidade (Nieto Ballester defende que procede do ablativo plural Castris > Cazres, e posterior epéntese dun -e-).
No século XII, ante o avance cristián, a cidade é fortificada cunha muralla de ladrillo, (que aínda se conserva), mais non foi de abondo para evitar que Afonso IX de León a tomase, logo de varios anos de asedio, o 23 de abril de 1229, día de San Xurxo, que desde entón é celebrado pola cidade como o seu padroeiro.
A partir deste momento, Cáceres comeza a transformase, construíndo igrexas no mesmo sitio onde se levantaran mesquitas, e palacios cristiáns sobre os primitivos palacios musulmáns. Porén serán as fortunas procedentes de América as que farán aumentar a monumentalidade da cidade. Con lixeiros retoques a fins do XVIII, esa versión urbana é a que chegou ata os nosos días. Por iso se trata dunha das cidades monumentais mellor conservadas do mundo.
Conxunto monumental
[editar | editar a fonte]
Ademais de Patrimonio da Humanidade, Cáceres é tamén membro das Redes Caminos de Sefarad, da Ruta da Prata, sendo elixida pola Comunidade Autónoma como Capital Cultural de Estremadura Enclave 92, e co esforzo solidario das administracións públicas, empresas privadas, entidades oficiais e cidadáns particulares, aspira a ser Capital Europea da Cultura no ano 2016.
Entre outros monumentos e lugares salientábeis cabe destacar:
Igrexas
[editar | editar a fonte]- Concatedral de Santa María de Cáceres
- Igrexa de San Francisco Javier
- Igrexa de San Mateo
- Igrexa de Santiago
- Igrexa de San Juan Bautista
- Ermida da Paz
Pazos e casas nobres
[editar | editar a fonte]- Pazo de Toledo-Moctezuma
- Pazo Episcopal
- Pazo dos Golfines de Abajo
- Pazo dos Golfines de Arriba
- Pazo de Carvajal
- Pazo das Cigüeñas
- Pazo das Veletas
- Casa do Sol de Cáceres
Arcos e portas de entrada da cidade
[editar | editar a fonte]Torres defensivas
[editar | editar a fonte]- Torre de Sande
- Torre de Bujaco
- Torre dos Púlpitos
Lugares salientábeis
[editar | editar a fonte]- Praza Maior
- Foro dos Balbos
- Praza de San Jorge
- Barrio Xudeu
- Fragmento de muralla romana (Praza do Socorro)
Museos
[editar | editar a fonte]- Museo de Cáceres (Praza de las Veletas)
- Centro de Interpretación do Cáceres Vello (estrada de Torrejón el Rubio, salida Polígono Ganadero, La Mejostilla)
- Museo de Historia e Cultura "Casa Pedrilla" (Ronda de San Francisco)
- Museo Municipal "Massa Solís" (Palacio de la Isla, Praza de la Concepción)
- Museo "Casa del Mono" (C/ Cuesta Aldana)
- Casa Museo "Guayasamín" (Ronda de San Francisco)
- Casa e colección "Yusuf Al Burch" (C/ Cuesta del Marqués)
Economía
[editar | editar a fonte]É o principal centro comercial, administrativo e eixo económico da provincia e o primeiro centro turístico de Estremadura. A súa economía está baseada principalmente no sector terciario (servizos), no turismo e na construción, cunha pequena contribución do sector industrial, que se centra en industrias alimentarias, téxtiles, cerámicas e produtos derivados do caucho.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INEbase. Variaciones intercensais. Alteracións dos municipios nos censos de poboación dende 1842: 10037 Cáceres. Consultado o 2 de marzo de 2013. Cando se dispón do dato de poboación de feito e de dereito tomouse a cifra máis alta.
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cáceres |