Capital Europea da Cultura
A Capital Europea da Cultura é unha iniciativa da Unión Europea que ten por obxectivo a promoción dunha cidade de Europa por un período dun ano durante o cal a cidade posúe unha oportunidade de mostrar a Europa a súa vida e desenvolvemento cultural, permitindo un mellor coñecemento mutuo entre os cidadáns da Unión Europea.
Esta iniciativa comezou en 1985 co nome de Cidade Europea da Cultura. Só se nomeaba unha cidade por ano, sendo a responsabilidade da organización do evento do Estado membro ao cal pertencía esa cidade e sucedíanse por orde alfabética dos países.
En 1990, o Consello de Ministros estendeu a iniciativa a outros países de Europa non pertencentes á Unión Europea. Esta norma tería comezo en 1996, ano no que remataba un ciclo completo e estaba limitada a países que, segundo a Comunidade Europea, respectasen os principios da democracia, do pluralismo e do estado de Dereito. Segundo as novas regras, sería necesario que fose feita a alternancia entre países membros e outros países, así como se propuña a alternancia entre capitais e cidades de provincia.
O 25 de maio de 1999, o Consello de Ministros e o Parlamento Europeo decidiron muda-lo nome de Cidade Europea da Cultura para Capital Europea da Cultura.