Teo Uriarte
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xullo de 1945 (79 anos) Sevilla, España |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
22 de marzo de 1984 – 8 de xaneiro de 1987 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
31 de marzo de 1980 – 19 de xaneiro de 1984 Lexislatura: I lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento Vasco na primeira lexislatura | |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor, terrorismo |
Partido político | Euskadiko Ezkerra Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Participou en | |
14 de marzo de 2018 | Manifesto pola Historia e a Liberdade |
Eduardo Uriarte Romero, nado en Sevilla en 1945, máis coñecido como Teo Uriarte, é un político vasco de orixe andaluza. En 1953, trasladouse coa súa familia ó País Vasco e en 1964 intégrase en ETA. Foi detido pola policía en 1969 e implicado no macroproceso coñecido como o Proceso de Burgos, no que foi condenado a pena de morte. A pena foi conmutada por mor da presión internacional, e xunto con Mario Onaindia Natxiondo foi trasladado de cárcere en cárcere para Córdoba e Cáceres ata que chegou a amnistía de 1977. Foi un dos fundadores de Euskadiko Ezkerra (EE), o partido polo que foi elixido para o parlamento nas eleccións para o Parlamento Vasco, en 1980. Máis tarde, en 1993, foi un dos promotores da fusión de EE co Partido Socialista de Euskadi, co que foi vice-alcalde de Bilbao. Foi nomeado como o director da Fundación para a Liberdade con Nicolás Redondo Terreros e Edurne Uriarte, algo que levou a enfrontamentos dialéctica coa Asociación de Vítimas do Terrorismo[1] e a amosarse crítico coa política antiterrorista de José Luís Rodríguez Zapatero.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mensaxe da AVT en 2004". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2010. Consultado o 25 de novembro de 2016.
- ↑ teo uriarte ex-etarra zapatero ten dado eta o alcalde legitimacion de su historia, ABC, 22-1-2006
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: País Vasco |