Teodorico I de Lorena
Nome orixinal | (fr) Thierry Ier de Lorraine |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 965 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 11 de abril de 1026 (60/61 anos) valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | feudatario |
Outro | |
Título | Duke of Upper Lotharingia (en) (978–1027) Count of Bar (en) (978–1027) |
Familia | Ardennes-Verdun dynasty (en) |
Cónxuxe | Richilde (985 (Gregoriano)–) Richilde |
Fillos | Frederick II, Duke of Upper Lorraine () Richilde Adèle de Haute-Lorraine () Richilde Hildegard of Sundgau () |
Pais | Frederico I de Lorena e Beatriz de França |
Irmáns | Adalbéron II de Metz |
Thierry I ou Teodorico I,[1] nado arredor de 965 e finado entre o 11 de abril de 1026 e o 2 de xaneiro de 1027, foi conde de Bar e duque de Alta Lorena ou Lorena. Era fillo de Frederico I de Lorena, conde de Bar e duque de Alta Lorena e de Beatriz de Francia, irmá de Hugo Capeto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sucedeu ao seu pai en 978 e a súa nai ocupou a rexencia ata 987. En 985, xunto con outros señores de Lorena (incluído o seu primo Godofredo o Cativo, conde de Verdún), loitou contra o rei Lotario I de Francia que cercaba Verdún, pero foi feito prisioneiro.
Foi un partidario incondicional dos emperadores otonianos e loitou por Henrique II contra os seus curmáns en Luxemburgo en 1011. Foi capturado de novo en 1018 loitando en Borgoña, pero derrotou a Odón II de Blois, conde de Troyes e de Meaux.
En 1019, asociou ao seu fillo Frederico II no goberno do ducado. Á morte do emperador Henrique II (1024), loitou contra Conrado II, pero despois cambiou de bando e recoñeceu ao emperador.
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]Casou cara ao ano 985 con Riquilda, probabelmente filla de Folmar I de Bliesgau, conde de Lunéville e conde de Metz, e tivo:
- Adela (finada en 995), casada co conde Walram I de Arlon.
- Frederico II (995 - 1026), conde de Bar, duque de Lorena
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teodorico I de Lorena |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dietrich I. Herzog von Ober-Lothringen (978-1026) Arquivado 12 de marzo de 2007 en Wayback Machine.