Teodosio II
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Flavius Theodosius Iunior Augustus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Flavius Theodosius ![]() 10 de abril de 401 ![]() Constantinopla, Turquía ![]() |
Morte | 28 de xullo de 450 ![]() Constantinopla, Turquía ![]() |
Causa da morte | morte accidental, caída de cabalo ![]() |
Emperador bizantino | |
1 de maio de 408 – 28 de xullo de 450 ← Arcadio – Marciano → | |
![]() | |
xaneiro de 402 (Gregoriano) – 28 de xullo de 450 (Gregoriano) | |
Senador romano | |
![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Imperio Bizantino ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Período de tempo | Imperio Romano, Baixo Imperio Romano e Byzantine Egypt (en) ![]() ![]() |
Día de festividade relixiosa | July 29 (en) ![]() ![]() |
Outro | |
Título | Emperador romano ![]() |
Familia | Theodosian dynasty (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Aélia Eudócia (421–) ![]() |
Fillos | Licínia Eudóxia ![]() |
Pais | Arcadio ![]() ![]() |
Irmáns | Arcádia Pulqueria ![]() |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Grande Enciclopedia Yuzhakov ![]() |
![]() |
Flavius Theodosius, coñecido como Teodosio II, nado o 10 de abril do 401 e finado o 28 de xullo de 450, foi o fillo máis vello de Eudoxia e de Arcadio, á idade de 7 anos converteuse en emperador romano de Oriente, gobernando desde o 408 ao 450. Primeiro o goberno estivo en mans de Antemio, prefecto pretorio de oriente, que xa gobernara durante o reinado de seu pai, pero a partir do 414 Teodosio viuse influenciado pola súa irmá máis vella, Pulqueria, que o levou a un cristianismo intransixente e á persecución de xudeus e pagáns.
Casou con Atenais no ano 421, filla dun sofista pagán, que tivo que bautizarse antes de casar co emperador. Cambiou o seu nome para Eudocia Aelia. Con ela tivo unha filla, chamada Licinia Eudoxia, que casou con Valentiniano III, emperador Romano de Occidente.
Durante o reinado de Teodosio apareceu o nestorianismo e os primeiros problemas graves de relixión, que afectarían fortemente ao imperio no futuro próximo e a longo prazo. os seus exércitos rexeitaron invasións persas, pero foi derrotado por Atila o huno, a quen debeu tributar. Tamén creou a Universidade de Constantinopla.
Faleceu inesperadamente en 450, produto dun accidente ecuestre.
O Código de Teodosio
[editar | editar a fonte]En 429 Teodosio creou unha comisión para sintetizar e aclarar tódalas leis existentes desde o reinado de Constantino e crear un sistema legal completamente formalizado. Este plan quedou incompleto, pero unha segunda comisión, que recolleu toda a lexislación existente, si se completou e a súa colección publicouse como o Codex Theodosianus no 438.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Arcadio |
Teodosio II | Precede a: Marciano |
Dinastía Valentiniana-Teodosiana |