Teolindo Soto Barro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1848 As Grañas do Sor, España |
Morte | 13 de setembro de 1906 (57/58 anos) Ortigueira, España |
Actividade | |
Ocupación | notario, político |
Familia | |
Fillos | José Soto Reguera |
Parentes | Louis de Funès, son's son |
Teolindo Soto Barro, nado nas Grañas do Sor (Mañón) en 1848 e finado en Ortigueira o 13 de setembro de 1906, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz municipal de Ortigueira en 1876.[1] Gañou as oposicións a notario en 1878[2] e exerceu en Lugo e despois en Madrid. Foi elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1886 e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1893. Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra en 1905. Foi fundador e presidente do Círculo das Artes de Lugo nos anos 1881 e 1885.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Leonor Reguera Hernández e foi pai de José e Leonor Soto Reguera, e avó actor cómico francés Louis de Funès.