Teorema de Green
En física e matemáticas, o teorema de Green dá a relación entre unha integral de liña sobre unha curva pechada simple C e unha integral dobre sobre a rexión plana D limitada por C. O teorema de Green chámase así polo científico británico George Green e é un caso especial do máis xeral teorema de Stokes. O teorema afirma:
- Sexa C unha curva pechada simple positivamente orientada, diferenciable a cachos, no plano e sexa D a rexión limitada por C. Se L e M teñen derivadas parciais continuas nunha rexión aberta que contén D,
Ás veces, a notación
utilízase para establecer que a integral de liña está calculada usando a orientación positiva (antihoraria) da curva pechada C.
Relación co teorema da diverxencia
[editar | editar a fonte]O teorema de Green é equivalente á seguinte analoxía bidimensional do teorema de Stokes:
onde é o vector normal saínte na fronteira.
Para ver isto, considere a unidade normal na parte dereita da ecuación. Como é un vector apuntando tanxencialmente a través dunha curva, e a curva C está orientada de maneira positiva (é dicir, en contra do sentido das agullas do reloxo) a través da fronteira, un vector normal saínte sería aquel que apunta en 90º cara a dereita, o cal podería ser . O módulo deste vector é . Polo tanto .
Tomando as compoñentes de , o lado dereito convértese en
que por medio do teorema de Green resulta:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |