Tepui Kukenán
Tipo | montaña tepui | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | tepui | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional Canaima e Monumento Natural Cadea de Tepuis Orientais | |||
Localización | ||||
Continente | América | |||
División administrativa | Bolívar, Venezuela | |||
| ||||
Cordilleira | Serra de Paracaima | |||
Características | ||||
Altitude | 2.680 m | |||
O tepui Kukenán,[1] tamén sabido como Matawi ou Cuquenán, é un tepui que se atopa no estado Bolívar, na Rexión Güiana de Venezuela. Ten unha área estimada de 2185 hectáreas (equivalente a 21,85 quilómetros cadrados). Atópase a 2.680 metros de altitude e ten 3 km de longo. A fervenza de Kukenán é un salto de 674 metros e atópase na parte sur do tepui.[2]
Kukenán está situado no Parque Nacional Canaima. Xunto a Kukenán, ao sueste, está o monte Roraima, un tepui máis coñecido. Kukenán é máis difícil de subir, polo que se ascende con moita menos frecuencia que o monte Roraima.[3] O Parque Nacional Canaima tamén conta coa fervenza máis alta do mundo, que se atopa no tepui Auyán.[4]
A paisaxe de Kukenán serviu de inspiración para o filme de 2009 Up.[5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "VENELAND Expedition, Trekking Kukenan Tepuy.". 2 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2018.
- ↑ Kukenaam, Salto Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine.. World Waterfall Database.
- ↑ Kukenan Tepui. SummitPost. 24 de xullo de 2007.
- ↑ "Kukenan Tepui : Climbing, Hiking & Mountaineering : SummitPost". www.summitpost.org.
- ↑ "BBC Mundo - Cultura y Sociedad - Una Venezuela que inspiró a Disney" (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2018.