Tereixa Novo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (68/69 anos) Lugo, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
María Tereixa dos Anxos Novo Arrojo, nada en Lugo en 1956, é unha política galega do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesora de Primaria e Secundaria, foi liberada sindical. Foi membro de Fuxan os Ventos. Membro do Consello Nacional do BNG e da súa Executiva (1991–1995), foi deputada no Parlamento de Galicia en substitución de Henrique Tello (2002–2005).[1] Foi delegada provincial na Coruña da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (2005–2009). En 2015 presentouse ás primarias de Iniciativa pola Unión para a provincia da Coruña.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""VI lexislatura (20-11-01 ó 26-04-05)"" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xuño de 2012. Consultado o 09 de abril de 2016.
- ↑ "Tereixa Novo competirá con Callón nas primarias de IpU da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2015. Consultado o 03 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tereixa Novo |