Saltar ao contido

Teresa Abelleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teresa Abelleira
Información persoal
Nome Teresa Abelleira Dueñas
Nacemento 9 de xaneiro de 2000
Lugar de nacemento Pontevedra
Altura 1,59 m[1]
Peso 60 kg
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Real Madrid
Número 16
Carreira xuvenil
–2016 CD Lérez
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2020 Deportivo da Coruña 47 (27)
2020– Real Madrid 80 (8)
Selección nacional
2017-2019 España sub-19 7 (0)
2017–2018 España sub-17 17 (3)
2020– España 21 (2)
2016– Galicia 1 (0)
Na rede
IMDB: nm14403861 Twitter: teresabelleira Instagram: teresabelleira UEFA: 250092098 Editar o valor en Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de agosto de 2023.
Selección: actualizado a 20 de agosto de 2023.editar datos en Wikidata ]
Teresa Abelleira en 2020 co Deportivo da Coruña.

Teresa Abelleira Dueñas, nada en Pontevedra o 9 de xaneiro de 2000[2], é unha futbolista galega, que xoga de centrocampista no Real Madrid. Internacional coa selección española dende 2020, proclamouse con esta campioa da Copa do Mundo en 2023 e da Liga das Nacións da UEFA en 2024. Disputou ademais a Eurocopa de 2022 e os Xogos Olímpicos de 2024.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia fortemente vencellada ao fútbol, filla do adestrador Milo Abelleira e irmá menor do tamén futbolista Tomás Abelleira.[3] Na súa etapa de cadete compaxinaba o fútbol sala, ao que xogaba no Poio Pescamar, coas categorías inferiores do CD Lérez.

En 2016, e trala fundación da sección feminina do Deportivo Abanca, abandona a súa Pontevedra natal para unirse ás filas deste equipo na segunda división feminina. Foi, xunto con Raquel Béjar, a primeira licenza profesional do fútbol feminino en Galicia.[2] Xogou catro tempadas no club branquiazul, logrando na terceira delas o ascenso á Primeira División, e obtendo un cuarto posto na súa primeira tempada na máxima categoría, na que marcou dous goles. A continuación, a mediados de 2020, deixou o Deportivo para fichar polo Real Madrid Feminino, equipo acabado de crear tras un acordo do Real Madrid co Club Deportivo TACON.[4][5] Co Real Madrid marcou 3 goles na tempada 2020/21 e 5 na 2022/23.[6]

Selección española

[editar | editar a fonte]

O 27 de novembro de 2020 debutou coa selección española absoluta na vitoria por 10-0 fronte a Moldova, correspondente á fase de clasificación para a Eurocopa de 2022, substituíndo a Aitana Bonmatí no segundo tempo.[7]​ O seu primeiro partido como titular foi o 13 de abril de 2021 na vitoria por 3-0 fronte a México. En 2022 disputou a Eurocopa en Inglaterra, caendo nos oitavos de final contra a selección anfitrioa.[8]

Presentación de Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira, Polo Correo do Vento, no Teatro Principal de Pontevedra no nadal de 2023. Miguel Anxo Fernández Lores, Teresa Abelleira e Nieves D. Amil

O 30 de xuño de 2023 foi incluída na lista definitiva do seleccionador Jorge Vilda para a Copa do Mundo de 2023, disputada en Australia e Nova Zelandia.[9] Foi titular en tódolos partidos do torneo e marcou un gol no segundo partido da primeira fase, na goleada por 5-0 sobre Zambia, cun espectacular disparo dende fóra da área.[10] Nas semifinais contra Suecia, un córner sacado por ela foi rematado á portería pola súa compañeira Olga Carmona e serviu para clasificar a España para a primeira final da súa historia.[11] Xogou completa a final, celebrada no Stadium Australia de Sydney, onde o conxunto español gañou o título ao vencer por 1-0 a Inglaterra.[12] Foi a cuarta futbolista da selección española con máis minutos no Mundial (535) e a que máis recuperacións de balón conseguiu (55).[13]

En 2024 participou nos partidos de clasificación para a Eurocopa, e no último deles visitou o seu antigo estadio, Riazor, para enfrontarse a Bélxica, anotando un espectacular gol dende preto do centro do campo.[14] A continuación foi unha das 22 mulleres seleccionadas por Montse Tomé para a primeira participación da selección española feminina nuns Xogos Olímpicos. Disputou os seis partidos do combinado español no torneo, sendo titular en catro deles. O equipo acadou as semifinais, onde caeu ante o Brasil por 4-2, e perdeu tamén no encontro pola medalla de bronce contra Alemaña (1-0).[15]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
Selección española sub-19
Selección española

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É filla do adestrador de fútbol Milo Abelleira e irmá do futbolista Tomás Abelleira.[19]

A súa moza[20] é Patricia Curbelo, porteira de fútbol e xogadora do Viaxes Interrías de Vilalonga.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2019. Consultado o 05 de setembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Teresa Abelleira se pasa al profesionalismo". 19 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de abril de 2019. 
  3. "Teresa Abelleira, la niña que era más pequeña que la pelota ya es campeona del mundo" (en castelán). 21 de agosto de 2023. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  4. "Teresa Abelleira deja el Deportivo para fichar por el Real Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de maio de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  5. "Teresa Abelleira se hace con el timón del Real Madrid femenino" (en castelán). 14 de xullo de 2020. Consultado o 14 de xullo de 2020. 
  6. "Teresa Abelleira (Real Madrid) - Perfil del jugador - Flashscore.es". www.flashscore.es (en castelán). Consultado o 2023-08-15. 
  7. "Tere Abelleira debuta con la selección en la goleada a Moldavia". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-11-27. Consultado o 2023-08-15. 
  8. "Punto y final al sueño: Inglaterra elimina a España de la Eurocopa en la prórroga" (en castelán). 20 de xullo de 2022. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  9. "Jorge Vilda anuncia las 23 elegidas para buscar nuestro primer Mundial de la historia" (en castelán). 20 de agosto de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  10. "Tere Abelleira hizo contra Zambia el golazo del Mundial: un 'guante' junto a Alexia y Aitana" (en castelán). 26 de xullo de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  11. Espiño, Diego (15 de agosto de 2023). "Á final! A España de Tere Abelleira vence a Suecia e xogará por gañar o Mundial (2-1)". Pontevedra Viva. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  12. Dapena, Almu (20 de agosto de 2023). "Tere Abelleira, campioa do mundo con España tras derrotar a Inglaterra na final (1-0)". Pontevedra Viva. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  13. "El camino de España hasta ganar su primer Mundial femenino, en datos". RTVE (en castelán). 20 de agosto de 2023. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  14. Espiño, Diego (16 de xullo de 2024). "Un golazo de Tere Abelleira desde o círculo central pecha o 2-0 de España a Bélxica en Riazor". Pontevedra Viva. Consultado o 18 de xullo de 2024. 
  15. Espiño, Diego (9 de agosto de 2024). "El bronce olímpico esquiva a Tere Abelleira". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 10 de agosto de 2024. 
  16. "El Depor Abanca se proclama campeón de liga". 31 de marzo de 2019. Consultado o 11 de abril de 2019. 
  17. "VII Gala do Deporte Feminino en Galicia – MUDEGA". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-20. 
  18. "Os Cidade de Pontevedra 2023 recoñecerán a Teresa Abelleira e a Matriuska Producciones". Pontevedra Viva. 2024-01-11. Consultado o 2024-01-12. 
  19. "Abelleira, el apellido más futbolero". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2016. Consultado o 5 de novembro de 2020. 
  20. "Patricia Curbelo y Teresa Abelleira, víctimas de la homofobia futbolística". Consultado o 2023-09-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Polo Correo do Vento (2023). Campioa. Pequena biografía de Teresa Abelleira. Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla.[1] Edición do Concello de Pontevedra.
  1. "Así é "Campioa", o libro sobre Tere Abelleira ilustrado por Tania Solla e creado por Polo Correo do Vento". Pontevedra Viva. 2023-12-29. Consultado o 2023-12-29.