Teresa Casal
Aparencia
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 (76/77 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
María Teresa Casal García, nada en Pontevedra en 1948 é unha política galega do PSdeG. É licenciada en Dereito e secretaria do centro da UNED en Pontevedra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou ao PSdeG como independente desde posicións galeguistas. Presentouse como cabeza de lista co PSdeG nas eleccións municipais de 2003. Tras acadar un pacto co BNG, Miguel Anxo Fernández Lores foi reelixido alcalde e Teresa Casal foi nomeada primeira tenente de alcalde e concelleira de Promoción Económica. Tralas eleccións de 2007 foi reelixida tenente de alcalde. En setembro de 2010 anunciou que non se ía presentar ás eleccións de 2011[1]. En novembro dese mesmo ano anunciou a súa retirada da política ao serlle diagnosticado un cancro de mama[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Teresa Casal se retira de la vida municipal de Pontevedra" Arquivado 06 de decembro de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal de Galicia, 11 de setembro de 2010 (en castelán).
- ↑ "A tenente de alcalde de Pontevedra deixa o posto tras detectárselle un cancro de mama" Arquivado 06 de decembro de 2010 en Wayback Machine., artigo en Xornal de Galicia, 30 de novembro de 2010.
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |