Termas do Muíño da Veiga
Aparencia
As termas do Muíño da Veiga son unha área de augas termais situada no concello de Ourense, a carón do río Miño.
Características
[editar | editar a fonte]Recibe o seu nome por estar situadas ao pé dun antigo muíño de madeira. As augas destas termas aconséllanse para afeccións da pel e dermatite, xa que son de mineralización débil e alcalinas, e manan a unha temperatura de entre 65 e 72 °C. A área está formada por cinco piscinas: unha principal de 200 m², unha secundaria de 13 m² e outras dúas máis pequenas de 55 e 45 m², ademais dunha de auga fría para os baños de contraste. A temperatura da auga é de 40 °C.
A zona termal, de acceso peonil con aparcadoiro próximo, está comunicada co centro da cidade a través do tren das termas. Preto destas pozas atópanse as termas de Outariz.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Termas do Muíño da Veiga, na web de Termalismo de Ourense.
- Termas do Muíño da Veiga, na web de Turismo de Ourense.