Terra de Wilkes
Tipo | rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Charles Wilkes (pt) | ||||
Localización | |||||
Continente | Antártida | ||||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Terra de Vitória (pt) American Highland (en) | ||||
A Terra de Wilkes é o maior distrito do Territorio Antártico Australiano na Antártida Oriental, ao sur do océano Índico entre a Terra da Raíña María e a Terra Adelia, estendéndose entre o Cabo Hordern en 100°31'E e Punta Pourquoi Pas, en 136°11'E. A rexión esténdese como un sector a uns 2600 km do polo sur, cunha área estimada en 2.600.000 km², cubertos no seu maior parte por glaciares e capas de xeo permanente. Se subdivide nas seguintes áreas costeiras, que tamén se poden tomar como sectores que se estenden ata o polo sur:
- Terra Knox 100°31' E to 109°16' E
- Terra Budd 109°16' E to 115°33' E
- Terra Sabrina 115°33' E to 122°05' E
- Terra Banzare 122°05' E to 130°10'E
- Terra Clarie (Costa Wilkes) 130°10'E to 136°11' E
En sentido máis amplo, a Terra de Wilkes esténdese máis ao leste ata Punta Alden en 142°02'E, incluíndo Terra Adelia, reclamada por Francia.
Bautizada en honra a Charles Wilkes, explorador estadounidense que comandaba a expedición do seu país de 1838-42. O nome foi aplicado a esta extensión en recoñecemento a que Wilkes recoñeceu a existencia dunha marxe continental por unha distancia de 1.500 millas de costa e polo tanto proveu por primeira vez de probas substanciais de que a Antártida é un continente. Esta definición de extensión exclúe a área ao leste dos 142°02'E, chamada Terra de Xurxo V, que foi divisada por Wilkes, pero outros exploradores comprobaron que estaba máis ao sur que as posicións orixinalmente asignadas por el.
Un cráter escondido polo xeo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cráter da Terra de Wilkes.
Baixo o inlandsis que cobre á Terra de Wilkes atópase un xigantesco cráter, o chamado precisamente Cráter da Terra de Wilkes tal depresión débese a un meteorito duns 50 km de diámetro, que impactou hai uns 250 millóns de anos, evento que sería decisivo para a evolución da vida no planeta Terra. En efecto, o enorme cráter duns 450 km de diámetro é o maios cráter coñecido sobre a Terra. Como causa do impacto, ocorrido entre os períodos Permiano e Triásico estímase que que se extingiú o 90 por cento da vida presente naquel momento, e podería ser o causante da fractura que ocasionou o inicio do resquebraxamento do supercontinete Gondwana.