Terre-de-Haut
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Francia | |||
Rexións | Guadalupe | |||
Comuna francesa | Terre-de-Haut ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 5,2 km² ![]() | |||
Bañado por | Mar Caribe ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Illa Terre-de-Haut (oficialmente en francés: Terre-de-Haut des Saintes (literalmente: Terras altas de Les Saintes)) é unha illa no arquipélago de Les Saintes, nas Antillas Menores. Pertence á comuna (municipio) de Terre-de-Haut no departamento francés de Guadalupe.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Terre-de-Haut é a illa máis oriental do arquipélago de Les Saintes. Do mesmo xeito que a súa veciña Terre-de-Bas, o seu nome ven do vocabulario marítimo, que chamou as illas expostas ao vento terras altas e as protexidas do vento, terras baixas. É unha illa de 5´2 km² dominada no norte polo outeiro Morne Mire (107 m. e o outeiro Morel (136 m.) e no sur polo outeiro Chameau 306 m., o monte máis alto da illa e de todo o arquipélago. Terre-de-Haut está separada de Terre-de-Bas por unha estreita canle de 890 m.. Ademais de Terre-de-Bas, varias pequenas illas rodean Terre-de-Haut:
A península de Pain de Sucre, cunha altura de (53 m.), está unida a Terre-de-Haut por un istmo.[1]
Zonas poboadas
[editar | editar a fonte]Pequenos vilas distribuense nos outeiros no interior. Fond-du-Curé atópase nun porto natural. Iates e barcos de cruceiro son comúns no porto. Os asentamentos máis antigos que aínda permanecen son as localidades de Mouillage e Fond-du Curé.[2] A poboación repártese entre 20 quartiers (barrios), máis ou menos ben delimitados. Agrúpanse en dúas metades:[3]
Au vent (Barlovento) |
Sous le Vent (Sotavento) | ||
---|---|---|---|
Nº | Barrio | Nº | Barrio |
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 |
Pompierre Marigot Vieille-Anse Fort Napoléon Maison blanche la Coulée Coquelet Anse-Mire Mouillage Grande-Anse |
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 |
Fond-du-Curé la Savane Anse Rodrigue Anse Galet Prés Cassin la Convalescence Anse Figuier Pain de sucre Anse à Cointe Anse Crawen |
Demografía
[editar | editar a fonte]O relevo inhóspito e as baixas precipitacións non permiten o establecemento da agricultura. Poucos escravos foron traídos a estas illas. A poboación está constituída historicamente por bretóns, normandos e polos habitantes de Poitou que se estableceron para pescar. Isto explica o tipo europeo dos habitantes de Les Saintes (Saintois) (xentilicio francés dos habitantes de Les Saintes).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monographie sur les Saintes (dépendance de la Guadeloupe)". gallica.bnf.fr. Consultado o 2014-10-10.
- ↑ Bonniol, J.L. (1980). Terre-de-Haut des Saintes: contraintes insulaires et particularisme ethnique dans la Caraïbe. L HARMATTAN. p. 299. ISBN 9782903033132. Consultado o 2014-10-10.
- ↑ "Au bourg débute la visite de Terre de Haut". escale-creole.wifeo.com. Consultado o 2014-10-10.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Terre-de-Haut |