Saltar ao contido

Tesoman jäähalli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tesoman jäähalli
Esterior.
Datos
Coordenadas61°30′39″N 23°36′52″L / 61.51076, 23.61453
LocalizaciónTampere, Finlandia Finlandia
Construción
Inauguración1989
Estadio
Capacidade1 500 espectadores
LocalíaIlves Naiset
Ilves Ringette
editar datos en Wikidata ]

O Tesoman jäähalli é unha pista de xeo situada na parte oriental do distrito de Tesomajärvi, na cidade de Tampere, Finlandia. A pista de xeo canta con dúas salas, a Tesoma 1 construída en 1989, e o Tesoma 2, construído en 1999.[1]

Con todo, o Tesoma 1, propiedade da cidade de Tampere, foi demolido, entre outros motivos, por problemas co sistema de refrixeración, e o tamaño insuficiente de estruturas e cargas. Posteriormente construíuse unha pista nova e máis grande, con capacidade para 1 500 persoas en lugar das 800 anteriores. O novo pavillón foi encargado a principios de agosto de 2017.[2]

Neste pavillón xoga os seus partidos como local o equipo feminino de hóckey sobre xeo de Ilves, así como o equipo de ringette de Ilves.[3]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Tesoman nykyisen jäähallin tilalle rakennetaan uusi halli" (en finés). Cidade de Tampere. 20 de agosto de 2015. Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  2. Huovinen, Jorma (1 de marzo de 2016). "Uudessa hallissa luistellaan Tesomalla vuonna 2017". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 3 de agosto de 2020. 
  3. "TESOMAN JÄÄHALLI" (en finés). IlvesNaiset.fi. Consultado o 3 de agosto de 2020.