Tesouro de Bares
Tesouro de Bares | |
Tipo | 607 antoninianos e 1 denario |
Data | Século III |
Cultura | Imperio Romano |
Características | |
Materiais | Bronce e prata |
Descuberta | |
Localización | Bares, Mañón, A Coruña, Galicia |
Descubridor/a | Jesús Rodríguez Villar. |
Data | ca. 1948 |
Conservación | |
Localización | Museo Provincial de Lugo |
O tesouro de Bares é un conxunto de 608 moedas romanas aparecido en 1948 en Bares, Mañón, composto por un denario do século I d.C. e o resto antoninianos do século III d.C.
Descuberta
[editar | editar a fonte]O tesouro foi descuberto en decembro de 1948 na parroquia de Bares, no concello coruñés de Mañón, no transcurso dunhas obras de construción adxacentes ao porto de Bares.[1]
Posteriormente, hai constancia documental da adquisición das moedas en decembro de 1948 a Jesús Rodríguez Villar por un importe de 200 pesetas, así como do seu depósito no Museo Provincial de Lugo o 19 de maio de 1949, onde o tesouro foi rexistrado co número 1.562.[2]
O primeiro autor en facer unha aproximación ao estudo deste tesouro foi Manuel Vázquez Seijas, en 1953.[3] Posteriormente, fixeron tamén senllas referencias Milagros Cavada Nieto, en 1973,[4] e Isidro López Mira, en 1997,[5] aínda que sen afondar no seu estudo.[2]
Contido
[editar | editar a fonte]O tesouro componse dun denario cuñado a nome do emperador Octavio Augusto (27 a.C. - 14 d.C.) e 607 exemplares de antoninianos do Baixo Imperio, todos eles do século III d.C. e cun estado de conservación en xeral pobre, co núcleo de bronce ocasionalmente recuberto con restos dos forros de prata que caracterizaban estas emisións.[2] Esta deterioración fai que en 291 dos antoninianos do conxunto resulte imposible a súa clasificación.[1]
Case todos os antoninianos do achado proceden da ceca de Roma, excepto algúns das cecas de Mediolanum, de Lugdunum e de Antioquía. A atribución dos que puideron ser identificados é a seguinte:[1]
Emperador | Período | Exemplares |
---|---|---|
Septimio Severo | 193-211 d.C. | 1 |
Gordiano III | 238-244 d.C. | 2 |
Filipo I | 244-249 d.C. | 4 |
Otacilia Severa | 2 | |
Filipo II | 238-249 d.C. | 1 |
Filipo I/II | 2 | |
Traxano Decio | 249-251 d.C. | 6 |
Etruscila | 6 | |
Treboniano Galo | 251-253 d.C. | 12 |
Volusiano | 9 | |
Valeriano I | 253-260 d.C. | 94 |
Mariniana | 3 | |
Valeriano II | 256-258 d.C. | 10 |
Galieno | 253-268 d.C. | 80 |
Salonina | 59 | |
Salonino | 260 a.C. | 3 |
Claudio II | 268-270 d.C. | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "C.1.- Bares (Mañón, A Coruña)". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxinas 773-774.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Tesouro de Bares (Mañón, A Coruña". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 54.
- ↑ Vázquez Seijas, M. (1953).
- ↑ Cavada Nieto, M. (1973). Páxina 755.
- ↑ "(32) [34] Bares-2 (La Coruña)". En Martínez Mira, I. (1997). Páxina 132.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9
- Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444
- Cavada Nieto, M. (1973). "Circulación monetaria romana en la provincia de La Coruña". En XII Congreso Nacional de Arqueología, Jaén, octubre de 1971. Universidad de Zaragoza. Páxinas 753-762.
- Martínez Mira, I. (1997). "Tesorillos del S. III d.C. en la Península Ibérica". En Lvcentvm, XIV-XVI. Páxinas 119-180.
- Vázquez Seijas, M. (1953). “Hallazgo de Denarios romanos en Bares". En Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo. Tomo V. Páxinas 304 e ss.