Saltar ao contido

Tesouro de Bedoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tesouro de Bedoya

Arracadas.
Tipo Xoiaría / Moedas / Caldeiro
Características
Materiais Ouro e prata
Descuberta
Localización Ferrol, Galicia Galicia
Data c. 1940
Conservación
Localización Museo de Pontevedra

O tesouro de Bedoya é un conxunto de pezas de ouro e prata atopadas en Ferrol e conservadas no Museo de Pontevedra.

O nome do tesouro vén dado polo apelido da familia Bedoya que o atopou descoñecéndose o lugar exacto do seu achado ou procedencia. Foi atopado na década de 1940 nunha eira no lugar da Chousa, na parroquia de Doniños. Francisco Bedoya Fojo mandou limpar a leira, e o servente atopou un pequeno caldeiro de bronce con algo que brillaba no interior. O atopado foi gardado durante 10 anos no faiado da casa. O tesouro foi amosado a Xosé Filgueira Valverde, entón director do Museo de Pontevedra, que certificou a súa autenticidade. O 12 de outubro de 1953 o Museo de Pontevedra mercou o tesouro por 30.000 pesetas.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O tesouro está formado por pezas de ouro de orixe castrexa e por aneis e moedas de ouro e prata da época romana:

  • Un diadema de ouro;
  • Dúas arracadas de ouro, de tipo arriñonado;
  • Dúas arracadas de ouro, de tipo laberintiforme;
  • Un anel signatario de ouro, con entalle;
  • Un anel de ouro, cunha pedra (ametista) engarzada;
  • Dous áureos, datados entre os anos 54 e 85 despois da era actual;
  • Vinte e sete denarios de prata, datados entre os anos 63 antes da era actual a 91 despois da actual;
  • Un caldeiro de bronce, o que contiña o tesouro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]