Tesouro de Muras
Tesouro de Muras | |
---|---|
· Data do depósito: Idade Media (século XIV).
· Descubridor: descoñecido. · Lugar de aparición: Muras, Lugo. · Data do achado: 1983. · Composición: 52 moedas castelás dun real. · Materiais: prata. · Conservación: Museo Provincial de Lugo e Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón.. |
O tesouro de Muras é un conxunto de 52 moedas medievais dun real de prata emitidas a nome de Pedro I de Castela no século XIV, aparecido en Muras, Lugo en 1983.
Descuberta e contido
[editar | editar a fonte]O tesouro de Muras foi descuberto no transcurso dunhas obras nunha vivenda particular desta localidade luguesa, e descoñécense máis circunstancias acerca do seu achado e tamén a súa composición orixinal.[1]
As moedas conservadas procedentes del foron divididas en dúas institucións museísticas. Por unha banda, o 12 de novembro de 1983 consta unha adquisición de 34 moedas a Armando Durán Cao, cunha subvención da Fundación Barrié, por un importe de 18.000 pesetas;[2] estas moedas foron depositadas no Museo Provincial de Lugo. Todos os exemplares eran reais de prata cuñados a nome de Pedro I de Castela (1350-1369), cuñados nas cecas da Coruña, Sevilla e Burgos. O seu estado de conservación é moi variable e todas amosan o característico deseño da letra P coroada no anverso e o escudo cuadrilobulado coas armas de Castela e de León no reverso.[1][3]
Por outra parte, o numismático Núñez Meneses indica que no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, da Coruña, se atopan outros 18 exemplares similares procedentes deste mesmo achado, depositados igualmente por Armando Durán Cao.[1][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Tesouriño de Muras (Lugo)". En Balseiro García, A. (coord.) (2001). Páxina 53.
- ↑ Alcorta Irastorza, E. (2016). "As, maravedí, real y peseta. Un paseo por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo". En XV Congreso Nacional de Numismática (Madrid, 28-30 octubre 2014). Páxina 134. RCM-FNMT, Madrid. ISBN 978-84-89157-73-6
- ↑ "B.5. Muras". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 773.
- ↑ Núñez Meneses, P. (2016). Páxinas 169, 176.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-b-). "Recorrido por la colección numismática del Museo Provincial de Lugo: programa de investigación y proyectos de divulgación". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 593-598. ISBN 978-84-89157-85-9
- Carnero Vázquez, M. O. (2015): “Os “Tesouriños” da colección numismática do Museo Provincial de Lugo”. En Férvedes. Revista de Investigación 8. Páxinas 439-444
- Núñez Meneses, P. (2016). "Hallazgos inéditos de moneda medieval en Galicia". En Cuadernos de Estudios Gallegos. LXIII. Nº 129. Páxinas 163-203.