Tesouro de Overton
Tesouro de Overton | |
Tipo | 37 denarios romanos |
Data | c. 205 |
Cultura | Roma Antiga |
Características | |
Materiais | Prata e cerámica |
Descuberta | |
Localización | Overton, Yorkshire Norte, Reino Unido 53°59′38.4″N 01°09′21.6″O / 53.994000, -1.156000 |
Conservación | |
Localización | Museo de Yorkshire |
O tesouro de Overton é un tesouro composto por 37 moedas romanas de prata dos séculos I a III d. C., descuberto en 2016 en Overton, Yorkshire Norte, Inglaterra.
Descuberta e escavación
[editar | editar a fonte]O tesouro foi achado por un detector de metais o 24 de setembro de 2016, nunha leira próxima a Overton, en Yorkshire Norte,[1] e a súa aparición foille comunicada, como é preceptivo, ao Portable Antiquities Scheme.[2][3]
Contido
[editar | editar a fonte]O tesouro contén 37 moedas de prata, todas elas denarios, que foron emitidas entre o reinado de Domiciano como emperador menor do seu pai Vespasiano (69-79 d. C.) e o reinado de Septimio Severo (198-209 d. C.).[2] Foron emitidas a nome de 17 autoridades diferentes e a máis recente data de 205 d. C.[3]
Malia a gran variedade de datas, todas as moedas poderían ter estado en circulación a principios do século III.[2]
É probable que as moedas fosen depositadas nun recipiente de cerámica, do que só se acharon algúns fragmentos.[3]
Conservación
[editar | editar a fonte]Logo de ser declarado formalmente como "tesouro",[1] ao cumprir os requisitos necesarios para iso consonte a Lei do Tesouro de 1996,[3][4] o achado foi adquirido polo Museo de Yorkshire a principios de 2018 e expúxose ao público por primeira vez en outubro dese mesmo ano.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Moss, R. (2017). "Roman coins found near Overton declared treasure". En BBC News. 27 de abril.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Tilley, E. "The Overton Hoard: A Severan Hoard from North Yorkshire". York Museums Trust.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Coin hoard. Unique ID: YORYM-BE3F22". Portable Antiquities Scheme.
- ↑ "The Treasure Act 1996". Department for Culture, Media and Sport.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. Páxinas 56-59. ISBN 9781907427794