Tessa Khan
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | avogada, ecoloxista |
Tessa Khan é unha avogada ambiental que reside en Reino Unido. Foi cofundadora e codirectora de Climate Litigation Network, que apoia casos legais relacionados coa mitigación do cambio climático e a xustiza climática.
Khan argumentou que gobernos nacionais favoreceron deliberadamente elevar os niveis de dióxido de carbono e dano causado á contorna, incluso como parte do caso climático de Irlanda, precedente de importancia mundial..[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tessa Khan participou en campañas de promoción e defensa dos dereitos humanos.[2]
En Tailandia traballou para unha organización sen fins de lucro que loitaba polos dereitos humanos das mulleres.[3] Neste traballo convenceu a varias Comisións Nacionais de Dereitos Humanos para que aumentaran a protección extraterritorial dos dereitos humanos. Estes compromisos foron recollidos na Declaración de Bangkok sobre obrigas extraterritoriais.[4]
Mentres estaba alí, en 2015, decatouse dun fallo xudicial da Haia que ordenaba ós Países Baixos reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro. Inspirada polo caso, Khan mudouse a Londres para unirse ó equipo legal da Fundación Urgenda en 2016.[5]
Khan cofundó a Rede de Litixios Climáticos coa Fundación Urgenda para apoiar casos climáticos en todo o mundo. Traballa como codirectora de Climate Litigation Network. A través da organización, axudou con éxito a grupos de activistas a demandar aos seus gobernos.[6] Manexa casos en todo o mundo, incluídos Canadá, Países Baixos, Nova Zelandia, Noruega, Paquistán e Corea do Sur.
Apoiou casos nos Países Baixos e Irlanda que desafiaron con éxito a idoneidade dos plans gobernamentais para reducir as emisións.[6][7] En decembro de 2019, no caso do Estado dos Países Baixos vs. Fundación Urgenda, o Tribunal Supremo dos Países Baixos ordenou ao goberno reducir a capacidade das centrais eléctricas de carbón e supervisar ó redor de 3000 millóns de euros en inversións para reducir as emisións de carbono. O éxito foi descrito por The Gardián como "o preito sobre o clima máis exitoso até a data."[8]
En agosto de 2020, no que se coñece como Caso Climático de Irlanda, a Corte Suprema de Irlanda ditaminou que o seu goberno debe elaborar un plan novo e máis ambicioso para reducir a emisión de carbono.[6][9] Irlanda ocupa o terceiro lugar en emisións de gases de efecto invernadoiro per cápita entre os países da Unión Europea.
Tessa Khan recibiu o premio Climate Breakthrough en 2018.[10] Time incluíuna na súa lista de 2019 das 15 mulleres que lideran a loita contra o cambio climático.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harvey, Fiona (12 de xuño de 2020). "Climate crisis to blame for $67bn of Hurricane Harvey damage – study" (en inglés). Consultado o 2021-03-14.
- ↑ "Tessa Khan" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2022. Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Meet 15 Women Leading the Fight Against Climate Change". Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ "Tessa Khan, UK, 2018 Awardee, Climate Litigation Network". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2022. Consultado o 18 de abril de 2021.
- ↑ Timperley, Jocelyn (8 de xullo de 2020). "The law that could make climate change illegal" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Kusmer, Anna (13 de agosto de 2020). "Activists took the Irish govt to court over its national climate plan — and won" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Khan, Tessa (16 de agosto de 2020). "Tessa Khan: 'Litigation is a powerful tool in the environmental crisis'" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Watts, Jonathan (24 de abril de 2020). "Dutch officials reveal measures to cut emissions after court ruling" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ Kaminski, Isabella (31 de xullo de 2020). "Ireland forced to strengthen climate plan, in supreme court win for campaigners" (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2021.
- ↑ "Climate Breakthrough Awardees" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2022. Consultado o 14 de marzo de 2021.