Test AUDIT
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
A proba para identificar trastornos co alcol (AUDIT), do inglés Alcohol Use Disorders Identification Test, é un cuestionario de dez elementos aprobado pola Organización Mundial da Saúde para detectar condutas perigosas relacionadas co consumo de alcol. Foi elaborado a partir dun estudo colaborativo feito pola OMS en diferentes países. Seleccionáronse para o AUDIT os mellores elementos dos aproximadamente 150 do estudo orixinal.
Emprégase de xeito común na sondaxe do consumo de alcol e problemas asociados. Ten utilidade en ámbitos como a atención primaria ou en centros hospitalarios. En función dos resultados, tamén pode ser útil para detectar o consumo abusivo e a alcolemia. As indicacións para a aplicación do AUDIT están traducidas a uns 50 idiomas.
Descrición
[editar | editar a fonte]O test AUDIT consta de dez preguntas:
- Preguntas 1-3: consumo de alcol: frecuencia, cantidade ou ocasións comúns de consumo, e que cantidade causa ebriedade.
- Preguntas 4-6: posíbel dependencia do alcol.
- Preguntas 7-10: consumo nocivo de alcol, incluíndo a preocupación expresada por persoas da contorna.
A puntuación en cada unha das preguntas varía entre 0 e 10 en función da resposta. O resultado do test, así, oscila entre 0 e 40 puntos. Segundo as respostas co estudo orixinal da OMS, a puntuación de 8 é a mínima para detectar un consumo de risco. Un resultado mínimo de 15 reflicte unha tendencia ao alcolismo, mentres que a partir dos 20 puntos considérase que existe unha dependencia severa. Con base na puntuación mínima de 8, o estudo orixinal da OMS reflicte unha certeza do 94% nos diagnósticos de consumo de risco.
O AUDIT foi elaborado co obxectivo de ser aplicado a nivel internacional. O estudo orixinal da OMS incluíu pacientes de seis países, en representación de distintas rexións do mundo e de diferentes sistemas políticos e económicos. Máis de 300 análises posteriores permitiron garantir a súa veracidade e utilidade en diversas circunstancias. O emprego do AUDIT pode ser útil na adolescencia, con persoas adultas novas e en mulleres. Porén, non semella tan preciso en persoas de idades máis maduras. En determinados casos, o AUDIT ten mostrado maior efectividade na detección de consumos de risco que as exploracións físicas ou as análises de sangue.
O test
[editar | editar a fonte]# | Pregunta | Respostas | Puntuación |
---|---|---|---|
1 | Con que frecuencia consomes bebidas alcólicas?[1] | Nunca
Unha ou menos veces ao mes 2 a 4 veces ao mes 2 o 3 veces á semana 4 ou máis veces á semana |
0
1 2 3 4 |
2 | Cantas bebidas alcólicas consomes normalmente cando bebes? | 1 ou 2
3 ou 4 5 ou 6 7 a 9 10 ou máis |
0
1 2 3 4 |
3 | Con que frecuencia tomas 6 ou máis bebidas alcólicas nun só día? | Nunca
Menos dunha vez/mes Mensualmente Semanalmente A diario ou case a diario |
0
1 2 3 4 |
4 | Con que frecuencia, no curso do último ano, fuches incapaz de parar de beber unha vez que comezaches? | Nunca
Menos dunha vez/mes Mensualmente Semanalmente A diario ou case a diario |
0
1 2 3 4 |
5 | Con que frecuencia, no curso do último ano, non puideches atender as túas obrigas porque bebiches? | Nunca
Menos dunha vez/mes Mensualmente Semanalmente A diario ou case a diario |
0
1 2 3 4 |
6 | Con que frecuencia, no curso do último ano, necesitaches beber en xaxún para recuperarte despois de beber moito o día anterior? | Nunca
Menos dunha vez/mes Mensualmente Semanalmente A diario ou case a diario |
0
1 2 3 4 |
7 | Con que frecuencia, no curso do último ano, tiveches remordementos ou sentimentos de culpa despois de beber? | Nunca
Menos dunha vez/mes Mensualmente Semanalmente A diario ou case a diario |
0
1 2 3 4 |
8 | Con que frecuencia, no curso do último ano, non puideches recordar o que sucedeu a noite anterior porque estiveches bebendo? | Nunca
Menos dunha vez/mes Mensualmente Semanalmente A diario ou case a diario |
0
1 2 3 4 |
9 | Ti ou algunha outra persoa resultastes feridos porque bebestes? | Non
Si, mais non no curso do último ano Si, no último ano |
0
2 4 |
10 | Algún familiar, amigo, médico ou profesional sanitario mostraron preocupación polo teu consumo de alcol, ou che suxeriron que deixases de beber? | Non
Si, mais non no curso do último ano Si, no último ano |
0 0
2 4 |
O AUDIT-C
[editar | editar a fonte]Existe unha versión abreviada do test, o AUDIT-C. Está composto polas tres primeiras preguntas do test orixinal, en relación específica coa cantidade de alcol consumida. É apropiado para unha médica ou médico confirmar posíbeis sospeitas de consumo de alcol.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pfizer. "Test AUDIT Dependencia Alcohólica". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2016. Consultado o 30 de setembro de 2016.
- ↑ Bush K, Kivlahan DR, McDonell MB, Fihn SD, Bradley KA. The AUDIT alcohol consumption questions (AUDIT-C): an effective brief screening test for problem drinking. Ambulatory Care Quality Improvement Project (ACQUIP). Alcohol Use Disorders Identification Test. Arch Intern Med. 1998 Sep 14; 158(16): 1789–1795. PMID 9738608.