Tetragonisca angustula
Tetragonisca angustula | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Entrada dunha colonia de Tetragonisca angustula en Brasil. | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Tetragonisca angustula Illiger, 1806 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
Trigona angustula |
A abella Tetragonisca angustula é un insecto da familia Apidae, que se atopa desde México até o sur do Brasil, o nordeste da Arxentina, en boa parte do territorio de Paraguai e o leste de Bolivia. Estas abellas pertencen á tribo Meliponini: "abellas sen aguillón", que habitan áreas tropicais e subtropicais e son nativas do continente americano. Tetragonisca angustula vive en colmeas e produce un mel aproveitado con fins alimenticios e medicinais.
Descrición
[editar | editar a fonte]As obreiras miden de 4 a 5 mm de lonxitude; teñen cabeza e tórax negro brillante, corpo delgado, abdome amarelo; as tibias das patas posteriores posúen un canastro para o pole. As raíñas desenvolven moito o abdome debido á activación dos ovarios. Os machos non teñen canastra e presentan liñas ou manchas amarelas no rostro.[1]
Ciclo
[editar | editar a fonte]O ovo dura até 6 días, a larva 10 e a pupa 20, de xeito que desde a posta do ovo até a saída da abella, pasan 36 días.[1]
Colmea
[editar | editar a fonte]Multiplícase por enxames. Nidifica en cavidades de troncos de árbores ou plantas do xénero Guadua ou en muros. A entrada do niño é un tubo, construído con cera mol, a súa parede é fina e posúe pequenos furados. Cada colonia ten de 2.000 a 5.000 abellas.
Uso
[editar | editar a fonte]O seu mel é moi apreciado para a alimentación e atribúenselle propiedades medicinais. Comprobouse que o seu mel contén substancias antibióticas, pero o seu uso débese facer con vixilancia médica. É chamada "abella anxo" porque non pica e polo seu delicioso mel.[1]
Desde 2019, o Código Alimentario Arxentino incluíu (xunto á xa recoñecida Apis mellifera) á comunmente coñecida na Arxentina como "yateí, rubita ou mestizo", como produtora de mel para o consumo humano. A diferenza do mel de Apis, coñecido e consumido maiormente pola poboación, os meles de yateí teñen maior porcentaxe de humidade e son fermentados naturalmente por microorganismos polo que son máis acedos, isto confírelle propiedades organolépticas particulares.[2] Ademais, ten a vantaxe de que ao seren nativos da rexión axuda á conservación do medio ambiente. O mel destas abellas é usado como medicamento e como alimento tanto por indíxenas como por descendentes de inmigrantes.[3]
Nomes comúns
[editar | editar a fonte]En Honduras coñécese co nome de gimero ou abeja angel, en Costa Rica coñécese como mariolas e o mel utilízase para tratar problemas da vista.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Nates Parra, Guiomar (2005) Guía para la cría y manejo de la abeja angelita o virginita Tetragonisca illiger. Bogotá: SECAB. ISBN 958-698-032-4
- ↑ Estudio de las propiedades terapéuticas de miel de Tetragonisca fiebrigi (Yateí): su reciente incorporación al Código Alimentario Argentino por Virginia María Salomon, Gerardo Pablo Gennari, Luis Maria Maldonado, Cintia M. Romero, Nancy R. Vera. Trabajo presentado en eI Encuentro Iberoamericano de Investigación en Ciencias Farmacéuticas y XIV Jornadas Día del Farmacéutico 2019 Instituto Nacional de Tecnología Agropecuaria (INTA) 22/11/2019
- ↑ Incorporan la miel de yateí al Código Alimentario Argentino Comisión Nacional de Alimentos 04/05/2019.(Conal)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tetragonisca angustula |
- Foto de Tetragonisca angustula á entrada dun niño. Laboratory of Entomology, Katholieke Universiteit Leuven.