Saltar ao contido

Carrán elegante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Thalasseus elegans»)
Carrán elegante

Fishing at Bolsa Chica Ecological Reserve, California
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Thalasseus
Especie: Thalasseus elegans
(Gambel, 1849)

Sinonimia

Sterna elegans Gambel, 1849

O carrán elegante[2] (Thalasseus elegans, antes Sterna elegans) é un carrán da familia Laridae. Reprodúcese nas costas do Pacífico do sur dos Estados Unidos e México e pasa o inverno no sur do Perú, Ecuador e Chile.

Esta especie reprodúcese en densas colonias en illas da costa, como as illas mexicanas Illa Rasa[3] e illa Montague,[4] e excepcionalmente no continente en lagos de auga doce grandes axeitados preto da costa. Nidifica nunha escavación no chan e pon un ou dous ovos. A diferenza dalgúns dos carráns brancos máis pequenos, non é moi agresivo cos posibles predadores, confiando na gran densidade dos niños (a miúdo separados só por 20–30 cm) e na nidificación preto doutras especies máis agresivas, como a gaivota Larus heermanni, para evitar a predación.

Aliméntase mergullándose para pescar, case invariablemente no mar, como a maioría dos carráns Thalasseus. Xeralmente mergúllase directamente. O macho ofrece peixes á femia como parte do cortexo.

Esta especie do Pacífico chega errabunda ata o oeste de Europa como unha ave vagante rara, nidificou en España[5] e ten hibridado co carrán cristado en Francia; hai tamén un rexistro en Cidade do Cabo, Suráfrica en xaneiro de 2006, que foi o primeiro rexistro en África desta especie. Un exemplar foi rexistrado nas Illas Británicas, en Pagham, Sussex occidental en xuño de 2017. E maio de 2021, 1500 niños feitos na area con miles de ovos foron abandonados cando un dron se estrelou preto do sitio de nidación da Reserva Ecolóxica de Bolsa Chica (California), espantando a 2.500 carráns elegantes nidificantes e causando unha perda catastrófica.[6][7]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome do seu xénero actual significa en antigo grego 'pescador' e deriva de thalassa, 'mar', e o nome específico deriva do latín elegans, 'elegante'.[8] O xénero foi creado cando un estudo de 2005 puxo en evidencia que a sistemática dos carráns tiña que ser revisada. Antes estaba dentro do xénero Sterna.[9]

Identificación

[editar | editar a fonte]
Voando

Este é un carrán de tamaño medio-grande cun bico longo e delgado de cor alaranxada, dorso gris claro e parte ventral branca. As patas son negras. En inverno a fronte faise branca. A súa chamada é un característico ruído alto renxente como o do carrán cristado.

Podería confundirse co carrán real americano ou co carrán de Forster, pero o carrán real americano é meirande e con bico máis groso e mostra máis cor branca na fronte en inverno.[10] Fóra da súa área de distribución habitual, pode tamén confundirse doadamente co carrán bengalés. Ver tamén as ligazóns externas do final da páxina.

Esta especie é algo máis clara pola parte superior que o carrán bengalés cun sobrecú branco (non gris), cun bico lixeiramente máis longo e delgado cunha curvatura diferente. O negro da súa crista que baixa desde a coroa esténdese polo ollo, creando un pequeno "borrón" negro fronte aos ollos. Nos carráns reais americanos, a crista negra acaba no ollo, e o carrán bengalés ten unha crista menos espeluxada.

Medidas:

  • Lonxitude: 39–42 cm[11]
  • Peso: 190–325 g[11]
  • Envergadura das ás: 76–81 cm [12]
  1. BirdLife International (2020). "Thalasseus elegans" 2020: e.T22694552A178970750. doi:10.2305/IUCN.UK.2020-3.RLTS.T22694552A178970750.en. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  3. "SDNHM - Isla Rasa". 
  4. "Searchable Ornithological Research Archive" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xuño de 2012. Consultado o 22 de febreiro de 2009. 
  5. José Ignacio Dies, Ana Abad & Miguel Chardí: First record of multiple Elegant Tern nests in Spain at birdguides.com (consultado o 17 de agosto de 2008)
  6. Levenson, Michael (5 de xuño de 2021). "Elegant tern eggs drone crash in California". The New York Times. Consultado o 6 de xuño de 2021. 
  7. Thompson, Joanna (2021-06-11). "A Drone Crash Caused Thousands of Elegant Terns to Abandon Their Nests". Audubon. Consultado o 2021-07-30. 
  8. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 144, 383. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  9. Bridge, Eli S.; Jones, Andrew W.; Baker, Allan J. (2005). "A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 35 (2): 459–469. PMID 15804415. doi:10.1016/j.ympev.2004.12.010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de abril de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  10. Unitt, Philip. "SDNHM Focus on Royal and Elegant Terns". 
  11. 11,0 11,1 "Elegant Tern Identification, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology". www.allaboutbirds.org (en inglés). Consultado o 2020-09-25. 
  12. Oiseaux.net. "Sterne élégante - Thalasseus elegans - Elegant Tern". www.oiseaux.net (en inglés). Consultado o 2020-09-25. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]